Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Investigan un veciño de Agualada por cazar un raposo cun cepo ilegal [vídeo]

Cepo ilegal
Investigan un veciño de Agualada por cazar un raposo cun cepo ilegal [vídeo]

Novo episodio de maltrato animal na Costa da Morte. A Patrulla do Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) de Garda Civil de Arteixo investigou a un veciño de Coristanco por un delito contra a protección da flora e fauna, ao descubrir, tras un aviso telefónico doutro veciñ@, da presenza dun raposo atrapado pola acción dun cepo nunha leira próxima ao lugar de Agualada-Coristanco.

Ademais do raposo había restos doutras especies silvestres que foran atrapadas con anterioridade, así como varios lazos para a caza do xabarín.

A Garda Civil procedeu á identificación do propietario da leira, que foi investigado por un delito contra a flora e fauna.
A Garda Civil recorda que a Lei 42/2007 articulo 65.1 prohibe a tenencia, utilización e comercialización de todos os procedementos masivos ou non selectivos para a captura ou morte de animais. Entre estes procedementos a normativa fai alusión a redes, lazos, cepos, trampas-cepo ou ballestas.

Comentarios