Xoves. 12.12.2019
El tiempo

Juan García, alcalde de Coristanco (I): "A vida política é secuestrante e deshumanizadora"

Longa, moi longa a conversa que tivemos co novo alcalde popular de Coristanco, Juan García. A pesar de ter a chamada da fame (pasaban das 16:00h cando rematamos) non tivo presa en ningún momento por escapar ás preguntas deQPC, ata o pundo de deixar tantas e tan diversas respostas que combina partir a entrevista en dúas partes.

Hoxe traemos a parte máis xeralista, en clave persoal, medioambiental, meramente municipal e ata de aspectos globais. A semana que vén falaremos en clave pataqueira, pois a cousa ben merece un protagonismo especial, sendo un profesional da pataca o que toma o mando do concello.

Juan García, alcalde de Coristanco
Juan García, alcalde de Coristanco
Juan García, alcalde de Coristanco (I): "A vida política é secuestrante e deshumanizadora"
  • QPC: Comezamo polo eido persoal. Unha persoa que non estaba directamente vinculada coa vida política, como che cambiou a vida? como compaxinas ca familia?

Eu creo que se perde intimidade. Unha persoa cando non está na vida pública, pasa inadvertido, e é iso é un gran patrimonio. E cousas cotiás que facemos todos, cando un colle a responsabilidade como é ser alcalde, ten que fixarse en todos os detalles. Creo que é un pouco deshumanizar, pero hai que acostumarse. É certo tamén que te convírtes en máis reservado, porque as túas palabras teñen máis trasdecencia.

Tamén teñen outras cousas moi boas a nivel persoal porque cando consegues algo é para moita xente e iso reconforta moitísimo. Deixas de ter unha causa persoal e pasa a ser unha causa colectiva e iso é moi reconfortante.

Outro asunto é saber xestionar as expectactivas, que é complicado saber que non podes cumplir as de todo o mundo, sobre todo nunha sociedade cortoplacista coma esta, na que todos temos dereitos, tomos queremos o máximo e o queremos para onte… Son reflexións que considero relevantes, pero en todo caso, a política é moi secuestrante.
A final, vas cambiando cousas que viñas facendo, como tomar un café ou unha caña, e todo se convirten en obrigacións. E nun concello pequeno, con medios persoais escasos, nas que moitas cousas non son delegables e todo ten que pasar por ti.

 
  • QPC: É curioso que nun Concello teña que pasar pola figura do alcalde, non?

Niso unha terrible inxusticia. Houbo unha descentralización porque lle vén ben ao goberno central, á Xunta… e pensan “le pasamos el muerto” aos Concellos. Se somos os responsables dun montón de cousas, temos que ter medios para afrontalas. Creo que as responsabilidades ou competencias non son proporcionais aos medios para poder exercelas que temos os Concellos.

 
  • QPC: Despois de anos convulsos, nos que Coristanco se convertiu no verdadeiro sainete da política municipal galega, supoño que un dos obxectivos deste goberno é a conseguir unha certa estabilidade.

Eu creo que había que normalizar a vida política. A situacións normais dan com o resultado acomodo, menos erros, e mesmo todos damos o mellor de nós. Eu non son persoas de falar do pasado, nin de facer xuízos de valor. O que pasou nos últimos anos en Coristanco xa o sabe todo o mundo, e tivo un xuíoz sumarísimo que foron as eleccións municipais. A democracia é o mellor cada certo tempo hai que pasar exame, e xente que estivo no goberno, varios casos, terminaron con resultados negativos.
Creo que inflíu a forma de transmitir aos veciños a actividade políica. A xente non quere lío, quere propostas, quere que lle solucionen os problemas que soen en pequenos. Non quere que os plenos sexan unha confrontación, queren que haia negociacións, e que se chegue a acordos. Nestes últimos anos houbo pouco diálogo e moita testosterona.

Coristanco necesita deixar de facer ruído e comezar a resolver os problemas da xente. Hai obras dende o ano 2012 sen licitar. Hai un montón de asuntos que solventar: tiñamos impostos caros; non hai oferta para persoas maiores, nin para nenos; temos o patrimonio natural e cultural en abandono; inraestruturas problemas graves de saneamento e abastecemento. Coristanco ten que centrarse en traballar, en buscar recursos.

Por agora, e gracias ao mérito da totalidade dos grupos politicos, sacamos adiante por unanimidade a modificación do ICIO, por exemplo, ou da Taxa Municipal de Urbanismo…

 
  • QPC: Cres entón que vai ser unha lexislatura máis tranquiña coa oposición?

Creo que non vai ser fácil, entre outras cousas, porque estamos en minoría. Pero hai unha relación cordial entre os partidos políticos, e eu traballo nesa dirección. A problemas comúns, as propostas non poden ser comúns. Eu non estou atopando un problema na oposición a día de hoxe. Fumos capaces de acadar acordos en común. Se todo se fixo por unanimidade, non é nin mérito meu nin demérito da oposición por non facer o seu traballo. Ao contrario, é mérito de todos, deles por estar a unha altura.

 
  • QPC: E están propoñendo tamén os grupos da oposición?

Si, houbo dúas mocións de TEGA que saíron aprobadas, con melloras gracias ao enriquecemento de todo o mundo, e foron sacadas por adiante finalmente como proposta común. Está habendo por parte de todos certa xenerosidade.

 
  • QPC: E concretamente, como vai ser a relación co grupo de Pensado?

Eu non teño ningunha relación preferida con ninguén. Ë certo que compartimos siglas nun determinado momento. Eu acabo de chegar e Antonio estivo 25 anos. E mesmo houbo negociacións no seu momento para levar un goberno en conxunto, pero había discrepancias. Creo que está superado, decidimos levar o noso plan pero toca consensuar. Con Antonio, como co resto.
 

  • QPC: Como atopaches o Concello? Algunha sorpresa no caixón?

Eu era consciente de que a situación do Concello de Coristanco, como veciño, non era boa. Comparando con outros Concellos o nivel dos servizos é malo. Pero tamén teño que dicir tamén que atopei un grupo de traballadores municipais excepcional. Atópome tamén con noticias postiivas, como a Casa de Erbecedo, que leva 15 recuperada, moi ben ademais, pero non ten nin luz. Falta darlle contido para darlle vida.

Por outro banda temos moitos puntos de vertido, depuradoras sen mantemento… Ou esas obras sen licitar dende o ano 2012. Hai un montón de asuntos que solventar: tiñamos impostos caros; non hai oferta para persoas maiores, nin para nenos; temos o patrimonio natural e cultural en abandono; inraestruturas problemas graves de saneamento e abastecemento.

Coristanco ten moitas posibilidades, pero temos que saber priorizar, escoller o camiño. Empezo a ver certo orgullo, orgullo de ser de Coristanco, como vin na Festa da Pataca, onde con moi pouquiño tempo puidemos facer unha xornada técnica moi potente, unha xornada gastronómica, un espectrohistórico de Coristanco no que vin bágoas, falando das xentes que foron as creadoras desta Festa, creamos o premio Distinción Pataca de Ouro…

Temos o recipiente e temos que enchelo de contido. Temos que atender aos maiores, e non só é un Centro de Día, que son 30 persoas… Temos 1.800 persoas con máis de 64 anos e temosque darlle contidos, para facer programas de envellecemento activo para que tarden en caer na dependencia, actividades neses locais sociais, actividades que son baratos.
A liña de traballo é nenos, nos centros educativos, e maiores, darlle contidos aos centros municipais de Erbecedo, Agualada, e un en Coristanco aínda por determinar.

 

É un dos asuntos de envergadura que temos que afrontar, o problema de abastecemento. Primeiro temos un problemas de mantemento. Temos unha instalación vella, de máis de 30 anos, pero que pode ser perfectamente operativa se investimos algo. Temos que avanzar no tema da automatización. Temos en estudio un investimento en evitar bombear o 70% da auga que bombeamos. E outra loita aberta contra as fugas e o fraude. Iso é insostible.
Antes de nada o Concello vai investir premio de 500.000€ na tubería principal, cambiando o fribriocemento.

Ademais, temos 4 depuradoras, que necesitan un mantemento que non se lles fixo, e para iso temos compromiso de Augas de Galicia que se vai facer actuación nas 4 para poñelas operativas.

E despois temos puntos de vertido que imos atopando, e que por consenso da corporación decidiuse que os recursos do POS 2020 van ir a saneamento.

 
  • QPC: Museo de Asunción Antelo?

Teño que recoñecer que non teño moita información ao respecto. Hai que falar coa familia e con todo o mundo, pero esas cousas que se gardan no camiño non ten sentido. Temos que facilitar que todo iso se poida compartir, se non é sempre, polo menos periodicamente.
Creo que Coristanco ten que poñer en valor moitas cousas, como esa Casa Rectoral de Erbecedo, que eu mesmo descoñecía, que está equipadísima, pero está baleira de contido.

 

O alcalde a título persoal ten unha posición. O Concello creo que ningunha, pero está sendo testigo. A primeira cousa é que hai un debate social, sobre se o consumo ten que tirar a unha enerxía máis renovable. Eu levo anos en Europa polo meu traballo, e vin como os parques eólicos dunha forma ou doutra revertíalle, porque traballan alí, porque eran deles, ou porque o pueblo chegaron a un acordo. Pero o debate está aí, e temos que miralo, porque se non queremos diesel, nucleares tampouco, carbón… dalgún lado ten que chegar a enerxía.

No que nos atinxe, este parque ten informes sectoriais favorables. Quero pensar que cando Industria, Cultura, Patrimonio… todos o aproban é por algo. En todo caso, creo que queria ou non queira o Concello, van estar os parques. Se cumple a norma, vai ir adiante. Se non lle outorga licencia o Concello, que non o fixo, a lei obriga que vaia a un Xulgado e que se decida alí. A miña sensación é que os vai a haber.

Digo tamén que eu mesmo fixen as alegacións dalgunha persoa afectada, como técnico. E agora son testigo de que había dous aereoxeneradores que xa non van, porque apareceu unha pranta, a Centauria Ultreiae, que ten máis interese que os muíños.

Sobre a lagoa de Alcaián, pola que non fixo ninguén en moitos anos… Agora de feito, un dos dous postes que quitaron pola pranta é na lagoa. Somos moi dados a comentar e a opinar, e eu sempre prefiro informarme ben antes de falar.

 
  • QPC: Pero os parques compensa o suficiente a afectados e Concellos? porque o Fondo de Compensación Ambiental tampouco é de todo “ambiental” por norma…

Estou disposto a abrir ese debate mañá. Evidentemente o que abre un negocio eólico non é para perder cartos. De cando é o negocio? Quen o leva? Podemos cambiar a norma? A norma debe revertir máis no territorio? Porque ademais cando o Fondo de Compensación Ambiental chega a Coristanco, e o Concello pode decidir onde coloca eses cartos e non ten que ser para nada onde afecta.

Que non esteamos dacordo en como se distrubúen os recursos, non quere dicir que teñamos que poñernos a contrapelo contra os parques. Eu na casa temos fillas en idade moi combativas e temos este debate. Hai que ser moi ecolóxicos, pero despois imos ao centro en coche.

Non queremos encher esto de paus de forma indiscriminada. Queremos coidar o noso patrimonio natural. E queremos que os beneficios revírtan nos territorios afectados. Estamos dacordo. Pero dicir non porque non, non o entendo.

É certo que as negociacións entre empresas e afectados non son proporcionais, olvídate, non falamos ˝de tu a tú”. Pero necesitamos camiños viables, os menos malos, que percorrer.

Pero xa che digo, o Concello non outorgou licencia, porque, en principio non temos técnico municipal dende 2015, por un tema xudicializado. Esperamos que en breve se solucionen, e en base aos informes do técnico e do departamento xurídico, o alcalde terá que decidir. Pero aínda así se poden saltar este paso.

 

Temos 3 sendas peonís previstas: unha dende Agualada ao Cemiterio da Grilloa, porque hai un tramo perigoso, ao pasar pola ponte de Agualada; temos o tramos entre a rotonda de Santa Comba e a última casa, que hai que urbanizar; e necesitamos que esa senda de Carballo ata practicamente o límite de Coristanco chegue ata Carrefour. Está en proxecto, presentamos unha alegación para que se complete ata o Carrefour. Espero que a Xunta o tome en consideración.

  • QPC: Peaxe, paréceche suficiente a rebaixa nocturna que puxo a Xunta hai pouco?

A min persoalmente non. A min gustaríame que esa peaxe fose libre na súa totalidade. Eu creo que os servizos tenos que pagalos todos, pero por exemplo ir a Valladolid, e o único tramo que se paga é o da AG55, é moi inxusto.
Non pode haber un tramo de peaxe, porque é un agravio. Eu teño claro que se me preguntar dou a mila opinión publicamente.

 

Outras entrevistas [email protected] [email protected] da comarca

Comentarios