Liberado un condutor tras saírse da vía en Santa Comba
Os Bombeiros de Santa Comba liberaron esta madrugada a un condutor atrapado no interior do vehículo que conducía. A escasos minutos das 04:00 horas desta noite, un particular chamaba ao 112 Galicia para pedir axuda. Informaba dunha saída de vía dun turismo que circulaba pola estrada que une as localidades coruñesas de Santa Comba e Negreira, concretamente, ao pasar o Polígono de Santa Comba.
Tras indicar que a persoa estaba ferida e atrapada no interior do turismo, dende o 112 Galicia, de inmediato, alertouse a Urxencias Médicas e aos membros do parque comarcal. Tamén, dende o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 solicitouse a colaboración dos axentes de Tráfico e de Protección Civil da localidade.
Unha vez liberada, a persoa foi evacuada polo persoal sanitario ao centro hospitalario de referencia.
Accidentes 2017
- 02-06-17: Un home sufríu un accidente cando rodaba en bicicleta por Corcubión.
- 22-05-17: Dous feridos nun novo accidente no cruce de Berdoias e outro nunha saída en Mazaricos.
- 14-05-17: Dous accidentes e un incendio nunha vivenda para a noite do sábado:
- 08-05-17: Unha moza malpicá de 23 anos falece nun accidente de tráfico na A-6.
- 08-05-17: 3 accidentes na AC-552 salpican a fin de semana costeira.
- 01-05-17: Dous accidentes deixan varios feridos en Muxía e Carballo.
- 24-04-17: Dous feridos en Coristanco nun accidente:
- 21-03-17: Un ferido nun accidente de tráfico en Muros.
- 11-03-17: Excarcelada unha persoa tras un accidente en Carnota.
- 07-03-17: Un ferido leve nun accidente en Carballo.
- 10-01-17: Noite de accidentes.
- 08-01-16: 3 accidentes empañaron a ponte de Reis.
- 05-01-17: Un coche volca na Autovía á altura de Coristanco.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).