Menudo verán lúdico o que pasaron 60 cativos en Santa Comba
08:16 15/09/14
Menudo verán que pasaron os peques de Santa Comba. Un Verán Lúdico o que armou a concellaría de Servizos Sociais, a través do Centro de Información á Muller, no que participaron uns 60 nenos e nenas.
Este programa xurdiu da necesidade de conciliar a vida familiar e laboral sobre todo, naqueles momentos nos que se producen uns periodos vacacionais continuados que aínda dificultan máis a viabilidade desta conciliación. Deste xeito o concello creoy un espazo de carácter lúdico e educativo, utilizando as diferentes formas de xogo como motor de aprendizaxe.
O departamento que dirixe María José Pose Rodríguez clausurou esta actividade o pasado 9 de setembro cun festival infantil.
Máis información
Novas relacionadas
- 150 pequenos ciclistas participaron no Día da Bici de Santa Comba.
- Novas melloras nos camiños rurais de Santa Comba.
- Último día para inscribirse na viaxe a Arxentina.