Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Música, artesania, gastronomía, e Bonilla, para a Festa da Pataca de Coristanco

Patatas BONILLA FESTA CORISTANCO  1
Edición especial das patacas Bonillas con pataca de Coristanco
Música, artesania, gastronomía, e Bonilla, para a Festa da Pataca de Coristanco

Impulso importante o que vai vivir este 2023 a Festa da Pacata de Coristanco. Unha das festas gastronómicas máis importantes da nosa comarca, que vivirá estes 15, 16 e 17 de setembro a súa 41ª edición, que se presenta cun programa completísimo (con música, artesanía, exposicións, agro…), e que se presenta cunha imaxe impactante.

O Concello coristanqués encargou a Patatas Bonilla unha edición especial de 10.000 bolsas, para vender durante a fin de semana. O alcalde Juan García, o director do Centro EFA Fonteboa Luís García e o represente da empresa, Fernando Bonilla, presentaban onte a edición especial feita con 100% patacas locais, da variedade Kenebec, claro, feitas en aceite de oliva e con sal mariño. Un tesouro.

Juan Garcia Luis Garcia e Fernando Bonilla
Juan García, Luís García e Fernando Bonilla

Completo programa

Cartel Festa da Pataca de Coristanco 2023

Esta edición chega moi potente, con moita música e artesanía, que maridan perfectamente coa gastronomía, e cos desfile de tractores engalanados como principal foco de atracción.

Arrinca o venres 15 de setembro cunha sardiñada con cacheos e pan de Coristanco amenizada polos Festicultores Troupe, o pasarrúas máis festexeiro de Galicia.

O sábado comeza ás 12:00h con artesanía e exposicións no Parque Municipal, cata de viñas no concello, onde posteriormente haberá obradoiro de cervexas artesanais e degustación de cachelos e peixe de Laxe. A sesión vermú será da man da Quinkillada, tamén na praza do Concello.
Á tarde chegará a singular Xincana de tractores, toda unha ocasión para os que sempre soñaron con conducir dende tar arriba. Haberá obradoiros e contacontos para nenos, ademais do concerto infantil da Mekanika Rolling Band, unha das bandas rockeiras máis divertidas do país. Pola noite, haberá un concurso de torillas e pechará a noite co concerto, ás 22:30h da Banda da Loba.

O domingo, o día grande, esperta cos tractores engalanados como gran reclamo (hai verdadeiras xoias de artesanía na creación de carrozas pataqueiras), este ano tamén con concurso infantil. Concentraranse a partir das 10:30h na Rúa da Pacta, e cos Kilomberos de Monte Alto farán o desfile ata a praza do Concello. Luís García, director do EFA, dará o pregón e os premios aos mellores tractores. Ao mediodía degustación e despois unha tarde para os nenos, con xogos, agro e xincana de tractores.

Programa Festa da Pataca de Coristanco 2023

Novas relacionadas

Comentarios