Nova Andaina Solidaria pola loita contra o Cancro en Coristanco
09:55 04/10/23
Por cuarto ano consecutivo, a Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro e o Concello de Coristanco, unen o seu esforzo para desenvolver a IV Andaina Solidaria en apoio á loita contra o Cancro.
A saída será este domingo 8 de outubro, ás 10.30h dende a Praza do Concello, cun percorrido de 7 km. O percorrido terá unha dificultade baixa e será recomendable o uso de roupa e calzado axeitado para camiñar.
A Asociación Española Contra o Cancro de Coristanco disporá dun punto para realizar as súas doazóns e con acceso aos petos e compra de material para colaborar coa asociación.
Para participar será necesaria a previa inscrición antes do venres 6 de outubro ás 12 horas, polas seguintes canles:
- Por Teléfono: 651 66 49 08
- Por correo electrónico: [email protected]
- De forma presencial: Biblioteca Municipal