Unha nova investigación axita aínda máis as Eleccións de Coristanco

De novo a vida política municipal coristanquese vese sorprendida por un novo caso xudicial. Desta volta, o Xulgado de Instrucción número 3 de Carballo está investigando ao actual alcalde, Abraham Gerpe, pola posible contratación administrativa irregular dun técnico na área de urbanismo. Unha contratación realizada co fin de “axilizar” as licencias pendentes, algunhas da época Plágaro, por un prazo de catro meses, prorrogables mes a mes ata un máximo de un ano.
O caso é que a praza de arquitecto técnico ocupouse por contratas a medida dende a xubilación do técnico municipal no ano 2013 e unicamente por persoal laboral temporal durante a época do tripartito, e foi precisamente unha das persoas que xa informaba na época de Plágaro, mediante contrato a dedo, quen impugnou a composición do tribunal cualificador do proceso selectivo, obrigando a nomearse novamente a mediados do 2017.
Dende que Gerpe chegou coa moción de censura non tivo tempo de executar a sentenza e nomear o tribunal, pero sí o tivo para realizar contratos menores seleccionando directamente ao técnico informante e prorrogándolle mes a mes a contratación.
Como resultado desto a secretaria e a interventora municipais realizaron informes desfavorable e de reparo, respectivamente, advertindo das irregularidades de tal contratación, e logo de que se dera taslado á Fiscalía Provincial da Coruña foi o propio Fiscal Xefe o que presenta presentou a denuncia nos Xulgados. As funcionarias foron chamadas para prestar testemuña esta semana en Carballo.
Tal contratación, como o estado de deixadez da materia urbanística/obras foi debatida en diversos plenos por parte dos grupos da oposición, que ao igual que sucedeu co contrato do asesor xurídico pedían o esclarecemento de tales procedementos de contratación. Dito asesor xurídico tamén estivo relacionado co exalcalde de Ourense, condenado por contratacións ilegais de técnicos. A campaña pecha convulsa (en Coristanco) sumándose esta investigación si procesamento e á que lle serviu a Pensado Plágaro para abrir a precampaña nos Xulgados (unir con esa noticia) e sendo dois os candidatos á alcaldía de Coristanco co título de investigado.
Máis novas do sainete coristanqués
- Novos capítulos de discriminación laboral no sainete municipal de Coristanco.
- Maio 18: Pensado Plágaro pasou de novo polo Xulgado de Carballo no marco da Operación Pataca.
- Maio 18: O 70% das obras de Coristanco entre 2009 e 2013 recaeron no mesmo grupo empresarial.
- Abril 18: O “dedo” adxudicador de Pensado Plágaro.
- Marzo 18: Unha asesoría xurídica externa para esquivar os informes negativos de Secretaría?.
- Marzo 18: As irregulares altas e baixas do alcalde de Coristanco.
- Febreiro 18: Coristanco, único Concello que non presentou a Conta Xeral 2016.
- 02-02-18: O alcalde de Coristanco ponse soldo a pesar do veto da Xunta:
- Maio 2015: A man culpable do alcalde de Coristanco Pensado Plágaro.
- Xuño 2014: O alcalde de Coristanco, imputado por prevaricación e malversación de fondos públicos.
- Febreiro 2014: A concesión de obras municipais volve levar a un Concello de Coristanco ante a Xustiza.
- Febreiro 2014: Rexistro no Concello de Coristanco por suposto delito de prevaricación e tráfico de influencias.