Os Costavales estrean aplicación móvil
08:12 03/06/16
funcionamento da app e similar oa da mensaxeria instantanea
Os Costavales, a moeda que circula por Santa Comba dende mediados de 2015 e que ten como obxetivo fidelizar os clientes e fomentar o comercio local, acaban de dar un paso máis. A partir de agora, ademais de atopalos en formato papel, xa se poden realizar intercambios a través da aplicación móvil e-Costavale.
"É unha tecnoloxía moi sinxela. O seu funcionamento basease no mesmo sistema que o Whatsapp" indican dende a asociación de empresarios de Santa Comba, creadora da moneda. Débese seleccionar o usuario e enviarlle unha mensaxe coa cantidade de Costavales que necesite transferirse. Éste recibe a mensaxe e cárganselle os Costavales enviados na súa conta.
A app está dispoñible no Google Store, para os teléfonos Android, e na Apple Store para o sistema operativo iOS. Os interesados poden solicitar máis información en [email protected]. Ademais, na oficina da asociación pódense conseguir Costavales electrónicos a cambio de euros ou de Costavales en papel; tamén se poden obter en calquera dos comercios e empresas adheridas, sempre e cando teñan saldo na súa conta.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Empresarios Santa Comba