Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Os grupos de BNG de Cabana, Corcubión e Coristanco presentan as súas listas

bng corcubion e coristanco
Os grupos de BNG de Cabana, Corcubión e Coristanco presentan as súas listas

Este venres 14 de abril, o BNG celebra dúas presentacións.

Trala presentación oficial con Ana Pontón, este venres ás 20:00 da tarde será presentada a candidatura completa do BNG de Corcubión para as eleccións municipais do 28 de maio, que encabezará Francisco Xabier Domínguez, “Drok”. O evento, que presentará María Bella, unha das caras novas desta renovada lista, celebrarase no salón de actos da casa da cultura, e acudirá o Portavoz e deputado nacionalista no congreso, Néstor Rego.

Pola súa parte, José Antonio Andrade xa fora confirmado como candidato en Coristanco o pasado mes de novembro. Pero toca dar a colecer a lista. O acto terá lugar o vindeiro venres 14 de abril, ás 21 horas, no Edificio de Servizos Múltiples de Coristanco. Nel intervirán Laura Mariño (a que fora edila ata 2019 volve á política como nº3), Xosé Regueira (vicepresidente da Deputación) e o propio Andrade.
Ademais, haberá regueifa da man d´As Pataqueiras.

Xa o domingo será o turno da lista do BNG de Cabana, liderada por Tatiana Rellán, ás 12:30h no Estaleiro o Baladiño.

bng cabana pres lista

Novas do BNG

Comentarios