mércores. 11.12.2024
El tiempo

O PSOE de Coristanco propón varias obras para o POS

José Manuel Pérez Abelenda PSOE Coristanco
José Manuel Pérez Abelenda, voceiro do PSOE Coristanco
O PSOE de Coristanco propón varias obras para o POS

O PSdeG-PSOE de Coristanco propón no pleno municipal diversas actuacións a realizar con cargo ao Plan Único 2025 da Deputación da Coruña.

O voceiro do Grupo Municipal Socialista, José Manuel Pérez Abelenda, presentou por rexistro as propostas de traballos, aproveitando que o Plan Único medrará este vindeiro curso un 72%,


En materia de humanización, o socialista propón a construción dunha área de descanso con equipamento biosaludable en Xaviña e a mellora da actual área de descanso ao carón do río da Balsa, en Montecelo, parroquia de Oca, incorporando outro parque biosaludable.

Proponse tamén a recuperación do camiño que vai dende a “casa da escola” de Lume de Suso ata a Furoca, enlazando co vial recentemente arranxado Furoca-Midón, e a do antiguo camiño que vai dende a Miñata de Arriba ata o pista que enlaza con Canal.

Ademais, o PSOE de Coristanco pide tamén a mellora e ampliación do acceso ao lugar do Piñeiro, reivindicación presentada polos Socialistas na anterior lexislatura, e a construción dunha pista de padel cuberta na zona da Rocheira, de novo, para que sexa o ente provincial o que financie a través do Plan Único.

Comentarios