Martes. 15.10.2024
El tiempo

As sendas de Agualada e Monteceso estarán listas antes do verán de 2023

Senda para ir ao Carrefour
Imaxe da presentación da senda do Carrefour de Coristanco celebrada o pasado mes de xullo
As sendas de Agualada e Monteceso estarán listas antes do verán de 2023

Se esta semana arrincaban a obras da senda peonil de Nantón, na segunda quincena de novembro farán o propio as dúas novas sendas que se van construír tamén na AC552 ao seu paso polo Concello de Coristanco.

As sendas de Montecelo e Bormoio estarán listas antes do verán de 2023, unha vez que veñen de ser adxudicadas, por 673.271 euros, á empresa Lancer Proyectos y Obras, S.A, cun prazo de execución de 8 meses.

A de Bormoi-Agualada, onde se executará o segundo treito de senda, o itinerario terá unha lonxitude de 560 metros e irá pola marxe dereita da estrada, entre os puntos quilométricos 44+300 e 45+080, unindo o lugar Agualada e o acceso ao cemiterio de Agrilloi.

Comentarios