Venres. 13.09.2024
El tiempo

Santa Comba acolle un curso sobre o uso de móbiles dirixido a maiores de 50 anos

Santa Comba acolle un curso sobre o uso de móbiles dirixido a maiores de 50 anos
Os vindeiros días 16 e 17 de marzo, terá lugar no edificio multiusos de Santa Comba (en horario de 11 a 13 horas) unha charla informativa sobre o uso de móbiles dirixida a maiores de 50 anos. A actividade está organizada polo concello de Santa Comba en colaboración coa fundación Vodafone e ATEGAL - asociación cultural Galega de Formación Permanente de Adultos -. Durante a charla mostraranse as diferentes posibilidades que ofrecen os móbiles, como empregalos, para que poden servir e que aplicacións se poden usar segundo os gustos e preferencias de cada quen. Os participantes deberán levar o seu teléfono móbil dende o cal poda acceder a Internet. Os interesados en participar poden ter máis información e anotarse no número de teléfono 981 81 87 10. Novas relacionadas  Fonte  

Comentarios