sábado. 03.05.2025
El tiempo

Santa Comba acolle un Obradoiro de activación de emprego

Santa Comba acolle un Obradoiro de activación de emprego
Charla laboral informativa en Santa Comba do Programa Garantía Xuvenil

O programa de Garantía Xuvenil financiado con fondos europeos pode ser unha ferramenta moi útil para xóvenes que na actualidade non están dentro do mercado de traballo nin recibindo formación, para que poidan acceder en mellores condicións nun futuro inmediato. Tamén o programa é interesante para as empresas, que a través de Garantía Xuvenil contan con incentivos para a contratación.

O programa estase a presentar polos concellos galegos, facendo ademais obradoiros prácticos para poder inscribirse a través dunha plataforma on-line. Santa Comba acollerá esta charla formativa o venres 4 de decembro, a partir das 12 da mañá.

Tódolos interesad@s, xóvenes ou empresas poden inscribirse e obter máis información nos departamentos de Xuventude e de Formación e Emprego do Concello de Santa Comba.

Fonte

  • Concello de Santa Comba.

Comentarios