Santa Comba celebra o Día da Biblioteca



O Museo Terra do Xallas acolle este vindeiro sábado dúas actividades promovidas desde o departamento de cultura de Santa Comba, para conmemorar o “Día da Biblioteca”.
Desde as 11,30 terá lugar a inauguración da exposición do VIII premio de arte gráfico Jesús Núñez da Deputación provincial e o espectáculo infantil “A maleta viaxeira” representada pola compañía A Illa dos nenos.
A exposición poderá visitarse desde o 18 e ata o 29 de outubro en horario de 18,00 a 21:00h.
A concellería de cultura, que dirixe María Pose, prepara tamén outra actividade para o 29 de novembro. A compañía A Illa dos nenos representará a obra “Ledicias”, desde as 11,30 na biblioteca municipal.
Xornada de emprendemento

Ademais, a Area de Desenvolvemenro Económica, TUrismo e Medio Ambiente da Xunta arma en Santa Comba unha “Xornada de Motivación para Emprender”. A cita será os días 23 e 24 de outubro, de 9:30h a 14:00 no Multiusos xalleiro, e xa se ponde inscribir de balde no 981 818 710 ou en formacion@santacomba.es.
Novas relacionadas
Fonte
- Concello de Santa Comba.