Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Santa Comba móvese para abrir o verán

Santa Comba móvese para abrir o verán
Xuno en Santa Comba Activo final de xuño en Santa Comba

Final de mes de xuño movido por Santa Comba para recibir por todo o alto o verán. Numerosas actividades nos esperan.

De feito, este mércores 21 de xuño terá lugar a Clausura das Actividades Educativas do curso. A cita ás 18:00h no Edificio Multiusos.

As actividades municipais continúan os días 23 e 24 coa feira Santa Comba Móvese, organizada polos Empresarios e apoiada polo Concello. Unhas xornadas na que participan case 40 casas comerciais e que traerá ofertas, descontos, agasallos e sorteos no comercio e na hostalería xalleira. O venres a partir das 16:00h haberá inchables e obradoiros para os nenos no campo da feira, o tren turístico, e a actuación de Tíralle do Aire.

E o mesmo venres pola noite, celebrarase a gran festa de San Xoán, con churrasco e sardiñas, cacharela e música ata o mencer.
O sábado 24 volverán as ofertas e os descontos.

Sen tempo a recuperar poderemos ir bailar á sesión vermú de Bazar, pois o 24 estará o Grupo Atenas, que repetirá pola noite coa actuación de Pili Pampín.

E para rematar o xoves 29 pechará a tempada a Escola de Música Moderna xalleira co Festival de Fin de Curso. A cita a partir das 18:00 no Edificio Multiusos.

Fonte

Comentarios