Martes. 10.09.2024
El tiempo

Santa Comba prepara 6 cursos de formación en materia laboral

Santa Comba prepara 6 cursos de formación en materia laboral
FOrmacion laboral

O Centro municipal Integrado de Formación Terra de Xallas de Santa Comba acollerá distintas accións formativas en vindeiras datas. Recentemente a consellería de Traballo e Benestar concedeu dúas accións dirixidas a persoas traballadoras desempregadas, un Curso de Creación e Xestión de Microempresas (538 horas. Nivel 3) e outro de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais (468 horas.Nivel2). Comezarán a impartirse a mediados do mes de agosto. As persoas interesadas deberán solicitar o curso na Oficina de Emprego.

Ademais nos vindeiros meses desenvolveranse outras modalidades formativas. O 26 e 27 de xuño terá lugar un Curso de Condutor/a de Carretilla Elevadora (semipresencial-20 horas) e o 3 e 4 de xullo levarase a cabo o de Manexo de Plataforma Elevadora (presencial-10 horas).

E para o 9 de xullo está previsto que se impartan dúas accións relacionadas co sector da construción: Un Curso de Prevencións de Riscos e outro de Movemento de Terras.

Para mais información dirixirse ao Departamento de Formación e Emprego sito no Centro de Formación Terra do Xallas no Edificio Multiusos, ou en 981 818 710 – 663728782.

Fonte

  • Concello de Santa Comba.

Comentarios