Os socialistas de Coristanco critican a improvisación ante os problemas de abastecemento
Coristanco atópase en situación de emerxencia en canto ao abastecemento de auga. Os eternos problemas coas Estacións Depuradoras (a ETAP leva 34 anos dando averías e as edar de Vilaverde foron abandonadas durante varioas anos) ten provocado que mesmo que camións cisterna tiveran que repartir nestes días auga aos veciños e veciñas do Concello.
“Non é un problema de agora, os socialistas levamos tempo demandando as obras, o que pasou agora é que estamos nunha situación de emerxencia”, lembra o José Manuel Pérez Abelenda, portavoz local do PSOE, ao escoitar as palabras da Xunta.
Unha Xunta que, tras rematar a semana as obras da abandonada Edar de Vilaverde anunciaba a redacción do proxecto construtivo de mellora do sistema de abastecemento, cun investimento de máis de 18.000 euros, para “para solucionar as deficiencias das instalación de tratamento de auga potable situada no lugar de Carrizal, que está xerando interrupcións e outros inconvenientes que restan calidade ao servizo de auga para o consumo dos veciños”.
Os socialistas denuncian a improvisación do Concello e lembran que demandaron hai meses unha renovación da ETAP “a través dunha moción presentada polo PSOE para a inclusión das obras no POS”.
Novas relacionadas
- Xuño 21: En marcha as obras para a posta en marcha da abandonada depuradora de Vilaverde.
- Febreiro 2021: Coristanco pide á Xunta recuperar a abandonada EDAR de Vilarverde.
- Xullo 2020: Comezan as obras para poñer a funcionar a depuradora de Portoquintáns, entregada hai 3 anos ao Concello de Coristanco.
- Xuño 2018: Coristanco esquece as súas pioneiras depuradoras.
- Xuño 2018: Denuncian que o Concello de Coristanco abandona as Depuradoras de Cereo e Valenza apenas un ano despois da súa posta en funcionamento.