Venres. 29.03.2024
El tiempo

Somenten a información pública a senda entre Agualada e o cemiterio de Agrilloi

Coristanco sendas
Somenten a información pública a senda entre Agualada e o cemiterio de Agrilloi

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Coristanco, Juan Carlos García, visitou hoxe a zona na que se construirán dous tramos de sendas peonís e ciclistas na estrada AC-552, cuxos proxectos están, desde hoxe, a información pública.

O primeiro dos tramos, que unirá Carballo e Coristanco, na zona onde se instalará o parque comercial A Revolta. O segundo dos tramos construirase entre os puntos quilométricos 44+300 e o 45-080, entre Agualada e o cemiterio de Agrilloi, pola marxe dereita da estrada. Srá necesaria a construción dunha pasarela ou ampliación de estruturas no seu paso polo río Calvar. Levarase a cabo unha ampliación da porte mediante un voadizo que permita a integración na plataforma do espazo necesario para a senda peonil.

Os dous proxectos están sendo sometidos a informaciñon pública. Os interesados terán un prazo de 30 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no DOG, para trasladar as súas achegas e suxestións.

Comentarios