A Senda peonil entre Carballo e Coristanco estará lista antes de que finalice o ano

Nova visita da Conselleira de Infraestrururas Ethel Vázquez a Bergantiños para dar conta da evolución da Senda Peonil que unirá Carballo e Coristanco. Hai apenas 15 días visitaba a zona para anuciar o comezo das obras, e onte volvía para asegurar que a Senda peonil e ciclista estará lista a finais de ano.
Lembramos son 2,5 km de senda, 1,9 km pola marxe esquerda, entre a saída de Carballo e Montecelo, xa en Coristanco, e pola dereita, un tramo de 600 metros ata a fábrica de Calvo.
A Conselleira lembrou que a Xunta non esquece os proxectos de senda do Couto, en Ponteceso (aprobado o pasado novembro), as de Soesto e Serantes, en Laxe, ou a que dará continuidade ata o centro comercial de Coristanco.
Tarxeta Xente Nova
Tamén se referiu á extensión a toda Galicia da tarxeta Xente Nova a partir do 21 de maio, polo que todas as liñas de autobús da Xunta serán gratis para os menores de 21 anos coa utilización deste dispositivo, beneficiando a todos os mozos da Costa da Morte. Destacou que os menores de 21 anos de Carballo xa viaxaban gratis á Coruña e agora poderán facelo en todos os autobuses, incluíndo os que os levan aos distintos municipios da comarca ou cara a Santiago, e o mesmo os mozos de Coristanco.
Novas relacionadas
- 04.05.21: Comezaron as obras da senda entre Carballo e Coristanco .
- Abril 21: Avanzas as obras en paralelo de saneamento e dos carrís-bici por Carballo.
- A rede de abastecemento de auga pronto chegará a todo o litoral carballés.
- Marzo 21: Carballo adxudica as dúas últimas sendas das 9 que forman o proxecto “Cicl-ando”.
- Decembro 2020: Aberta a licitación da senda peonil entre Carballo e Coristanco.
- Marzo 2020: A Xunta autoriza as expropiacións para a senda que unirá Carballo e Coristanco.
- Xullo 19: Carballo e Coristanco estarán conectados por unha senda peonil e ciclista.