Luns. 18.11.2019
El tiempo

A vida xudicial segue axitando unha máis relaxada vida municipal coristanquesa

Abrahamn Gerpe ao carón do alcalde Juan Garcia Pose, no pleno de investidura
Abrahamn Gerpe ao carón do alcalde Juan Garcia Pose, no pleno de investidura
A vida xudicial segue axitando unha máis relaxada vida municipal coristanquesa

Cando Coristanco estaba empezando a tranquilizarse un pouco e comezando a realizar as tarefas propias dunha xestión municipal (conta xeral, licitacions, consenso entre grupos políticos, etc) e parecía que se deixaran atrás eses personaxes que un día convulsionaron e levaron á ruína económica, política e social ao concello impoñendo o interese persoal ao interese xeral, a xudicialización da vida política volve enriba da mesa.
De feito, si un asiste a un pleno pode observar con gran perplexidade como mentres uns concelleiros se afanan en chegar a acordos que non fagan perder máis as oportunidades de saír á boia, outros fan o contrario, empeñados en seguir regodeándose na lama.

Atopámonos, por excemplo ao último exalcalde, Abrahan Gerpe, pretendéndose erixir en protagonista das sesións coas súas enrevedadas intervencións, que ten que pasar este mércorespolo Xulgado de Primeira instancia e Instrución de Carballo en calidade de investigado por un delito de acoso laboral contra a Secretaria Municipal, despois de que a Fiscalía presentase denuncia, que se uniu á querella presentada pola propia funcionaria, que despois de varios meses de baixa volvía ao traballo en xuño.

Cómpre lembrar que desde que “chegou” á Alcaldía as súas accións e palabras en público contra a Secretaria por non querer cinguirse á legalidade carrexáronlle demandas xudiciais que lle deron a razón á funcionaria: tres disciplinarios anulados, tres reclamacións dinerarias e unha cuarta que se fallará nos próximos días por non pagarlle as retribucións a que ten dereito, no que será defendido polo mesmo asesor xurídico que colocou no concello, sen licitación.

Nós, e tendo en conta que as vindeiras eleccións están aí, preguntámonos se non será xa hora de que no Parlamento se poña freno, dunha vez por todas, a estes desmáns que se producen contra os funcionarios con habilitación de carácter nacional cando realizan as súas funcións de informe xurídico e advirten das ilegalidades nesas entidades locais que traballan con fins espurios, xa que o de Coristanco non é o único caso, sen necesidade de ter que esperar polos longos e custosos resultados dos Xulgados.

Novas relacionadas

Comentarios