venres. 24.01.2025
El tiempo

O voceiro do PSOE de Coristanco denuncia a continua negativa do alcalde a tratar as propostas da oposición no pleno

José Manuel Pérez Abelenda PSOE Coristanco
José Manuel Pérez Abelenda PSOE Coristanco
O voceiro do PSOE de Coristanco denuncia a continua negativa do alcalde a tratar as propostas da oposición no pleno

O voceiro socialista local de Coristanco, José Manuel Pérez Abelenda, criticou a actitude do alcalde do municipio, sinalando que este rexeita sistematicamente permitir o debate e a votación das propostas presentadas polo grupo socialista nos plenos municipais.

Segundo Abelenda, esta situación vén producíndose durante toda a lexislatura. "Desde o PSOE presentamos mocións que van encamiñadas a mellorar a vida dos nosos veciños e veciñas, pero o señor alcalde, en lugar de permitilas, evita que se sometan a debate no pleno ao non superar o corte de urxencia", denunciou Pérez Abelenda.

Entre as iniciativas bloqueadas, destacou proxectos como a mellora dos accesos a núcleos de poboación, a creación dunha praza en Pedrouzo (Xaviña), a instalación de parques biosaludables en Montecelo ou o arranxo de camiños.

Abelenda sinalou que "esta dinámica vulnera un dos principios fundamentais da democracia municipal, que é permitir que a oposición presente, debata e propoña iniciativas ademais de fiscalizar a xestión do goberno". "Estamos ante unha actitude que compromete o funcionamento democrático do noso concello", concluíu.

Comentarios