Domingo. 13.10.2024
El tiempo

As 10 feridas abertas na Costa da Morte que denuncia a ADECOM

feridas abertas Costa da Morte pola ADECOM
As 10 feridas abertas na Costa da Morte que denuncia a ADECOM

Hai apenas un par de semanas nacía a Asociación en Defensa da Costa da Morte. Unha entidade que aglutina os intereses de moitos colectivos costeiros coa intención de servir de paraugas comarcal para loitar conxuntamente contra o despoboamento e a destrución do seu medio e da súa identidade.

Coa vontade de facer un cambio de rumbo, a entidade fai diagnóstico do esato de saúde da Costa da Morte, e pon enriba da mesa unha serie de problemáticas e demandas que seguramente comparten a inmensa maioría social da comarca e as súas entidades. Fanno ligando cas eleccións, e intentando que estas cuestións entren na axenda política, “pois a Costa da Morte xa perdeu demasiado tempo agardando promesas incumpridas”.

Aquí as resumimos pero podedes analizar o texto completo na súa web:

  • 1. Despoboación: Unha comarca que se desangra.
  • 2. Economía: Se non producimos nós, non temos futuro.
  • 3. Infraestruturas: A periferia sen tren, nin un bo servizo de transporte público de autobuses, nin autovía.
  • 4. Natureza: Nin un só metro máis protexido.
  • 5. Modelo forestal: eucalipto, incendio, tala e abandono.
  • 6. Habitabilidade: As casas sen xente, e a xente sen casas.
  • 7. Servizos públicos: Que nenez e vellez non sexan un negocio. Que pasa cos Centros de Día?
  • 8. Alerta patrimonio: o risco de perder o que somos.
  • 9. Turismo masificado: a oportunidade que nos está a depredar
  • 10. Perder a identidade é perder a forma de vivir na Fin da Terra.
 

Novas relacionadas

Comentarios