Martes. 16.04.2024
El tiempo

#25N

16 Concellos da comarca, colectivos e empresas, únense á campaña En Negro contra as violencias

BUno en Negro contra as Violencias
16 Concellos da comarca, colectivos e empresas, únense á campaña En Negro contra as violencias

A día de hoxe só os Concellos de Cabana, Coristanco fican fóra da Campaña En Negro Contra As Violencias, que promove a Deputación da Coruña.

Unha campaña que pretende visibilizar esta loita social e facer partícipe a toda a cidadanía. A propia concelleira de Igualdade de Malpica, Leticia Naya Varela, saienta “a boa resposta que está a ter esta campaña xa non só na xente que ten un comercio, senón na cidadanía. Moita xente está a preguntarnos si temos camisetas para que se poidan vestir, e isto é un sinal claro de que a concienciación está aumentando”.

Así, do 18 ao 25 de novembro, o tecido hostaleiro, comercios e empresas poderán vestir os seus negocios de negro con motivo desta campaña.

Por iso, , tamén están adheridos á campaña entidades como a Trubisquiña ou Sonlilá; colexios como CEIP de Camelle, CEIP Mar de Fóra, IES Pedra da Aguia ou o IES As Insuas; ou empresas, po agora só de Fisterra, como Peluquería Yolimar, Confecciones Noelia, Aromas, Cafetería Real, Km.8, Loira&Estévez, Cabo Spotr ou Tien21.

Toda a información, materiais e formularios de adhesión tédelo en https://ennegrocontraasviolencias.gal.

NOVAS SOBRE O 25N

Comentarios