Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Os 20 establecimentos recollen sinaturas para a Proposición Non de Lei de Iniciativa Popular do Xabarín

Asina a ILP doo Xabarin da Mesa
Imaxe da campaña feita por Kiko Dasilva
Os 20 establecimentos recollen sinaturas para a Proposición Non de Lei de Iniciativa Popular do Xabarín

Xa coñecedes a Proposición Non de Lei para que o Xabarín volva ser o referente cultural para a mocidade galega. Toca agora, despois de sumar case 15.000 sinaturas en liña, a Mesa pola Normalización Lingüística necesita sinaturas físicas, para levar o asunto ao Parlamento Galego.

A recollida faise en máis de 250 establecementos de todas Galicia, e tamén na Costa da Morte. Son, por agora, 20 os establecimentos que colaboran con esta recollida e aos que podedes achegarvos para deixar constancia o voso apoio, que será fundamental para que o asunto chegue a tratarse de xeito oficial polos nosos representantes políticos.

Porque todos queremos que “a CRTVG aumente a oferta en galego destinada á infancia e á mocidade nas televisións públicas a través dunha canle “Xabarín”, con programación atractiva, actual, educativa e de produción galega dirixida ao público infantil e xuvenil e dispoñíbel en todas as plataformas dixitais, así como nunha App actualizada que conten ademais con programas e xogos”.

Por iso achégate a un destes establecimentos:

  • Restaurante A Morosa (Carnota)
  • Librería Gallardo (Muros)
  • Cafetaría A Gaivotiña (Muros)
  • Bar A Cova (Muros)
  • Bar A Picota (Mazaricos)
  • Ler Librarías Santa Comba
  • Cafetería A Lareira (Fisterra)
  • Librería Agarimo (Fisterra)
  • Bar Tío Moncho (Corcubión)
  • Taberna O RIbeiro (Corcubión)
  • Libraría Mestura (Cee)
  • Ler Librerías Cee
  • Bar Mourelle (Zas)
  • Pastelaría Ben me sabe (Laxe)
  • Bar Paula (Pazos, Ponteceso)
  • Cervexaría Royale (Ponteceso)
  • A Escola do Bardo (Ponteceso)
  • Libraría Teldy (Carballo)
  • Alimentación Justo Lema (Carballo)
  • Establecimientos García (A Laracha)

Se tes un establecimento comercial e queres participar como estabelecemento colaborador envía os teus datos a [email protected], e che enviarán os pregos con material e información.

Novas relacionadas

Comentarios