Os 20 establecimentos recollen sinaturas para a Proposición Non de Lei de Iniciativa Popular do Xabarín

Xa coñecedes a Proposición Non de Lei para que o Xabarín volva ser o referente cultural para a mocidade galega. Toca agora, despois de sumar case 15.000 sinaturas en liña, a Mesa pola Normalización Lingüística necesita sinaturas físicas, para levar o asunto ao Parlamento Galego.
A recollida faise en máis de 250 establecementos de todas Galicia, e tamén na Costa da Morte. Son, por agora, 20 os establecimentos que colaboran con esta recollida e aos que podedes achegarvos para deixar constancia o voso apoio, que será fundamental para que o asunto chegue a tratarse de xeito oficial polos nosos representantes políticos.
Porque todos queremos que “a CRTVG aumente a oferta en galego destinada á infancia e á mocidade nas televisións públicas a través dunha canle “Xabarín”, con programación atractiva, actual, educativa e de produción galega dirixida ao público infantil e xuvenil e dispoñíbel en todas as plataformas dixitais, así como nunha App actualizada que conten ademais con programas e xogos”.
Por iso achégate a un destes establecimentos:
- Restaurante A Morosa (Carnota)
- Librería Gallardo (Muros)
- Cafetaría A Gaivotiña (Muros)
- Bar A Cova (Muros)
- Bar A Picota (Mazaricos)
- Ler Librarías Santa Comba
- Cafetería A Lareira (Fisterra)
- Librería Agarimo (Fisterra)
- Bar Tío Moncho (Corcubión)
- Taberna O RIbeiro (Corcubión)
- Libraría Mestura (Cee)
- Ler Librerías Cee
- Bar Mourelle (Zas)
- Pastelaría Ben me sabe (Laxe)
- Bar Paula (Pazos, Ponteceso)
- Cervexaría Royale (Ponteceso)
- A Escola do Bardo (Ponteceso)
- Libraría Teldy (Carballo)
- Alimentación Justo Lema (Carballo)
- Establecimientos García (A Laracha)
Se tes un establecimento comercial e queres participar como estabelecemento colaborador envía os teus datos a xabarintv@amesa.gal, e che enviarán os pregos con material e información.