Luns. 06.07.2020
El tiempo

30 nenos coñecen de preto a natureza na Escola Ambiental de Senda Nova

30 nenos coñecen de preto a natureza na Escola Ambiental de Senda Nova
Escola Ambiental de Senda Nova 2017

Coñecer a natureza e aprender a respetala. Así de impor é o obxectivo da Escola Ambiental de Senda Nova que segue funcionando cada fin de semana. E como afeita o frío, toca sesións de aula, con contidos de cultura e ecoloxía, desenvoltos a través de exercicios prácticos dende a Escola de Oza. Nesta 5º edición, as clases véñense realizando dende comezos de novembro e continuarán, a través de 3 etapas, ata o mes do San Xoan. Con elas, uns 30 nenos seguen aprendendo

A segunda delas comezou este mesmo sábado, con exercicios de coñecemento de pegadas dos carnivoros máis comúns dos nosos ecosistemas. Terá continuidade nas vindeiras semanas coa posta en práctica de métodos non invasivos á hora do coñecemento e búsqueda de indicios das mesmas especies animais, agora xa, no mesmo hábitat que comparten.

Novas inscricións

Aproveitando este novo ciclo da Escola Ambiental, a mesma está de novo aberta á inscrición de novos rapaces e rapazas. A mocidade que cursa 3º, 4º, 5º e 6º curso de primaria dos colexios de Bergantiños, ten a oportunidade de novo de participar no programa, que segue a ter carácter de balde.

Podes informarte no 636 326 083.

 

Novas relacionadas

comentarios