Luns. 20.05.2024
El tiempo

450 desempregados fórmanse en Bergantiños

450 desempregados fórmanse en Bergantiños
Accion formativa no Forum Carballo Visita a unha das accións formativas no Fórum Carballo

Impresionante a actividade formativa que acolle o Forum Carballo cada día. Onte recibían a viista do delegado territorial da Xunta, Ovidio Romero, para ver como están en marcha os sete cursos do Plan Galego de Formación 2018-2019 (AFD) relacionados con Soldadura, servizos de bar e cafetería, electricidade, matemáticas e lingua castelá.

En total serán 32 os cursos que se leven acabo nesta convocatoria plurianual na zona, o que permitirá formarse a case 450 desempregados. Uns “alumnos” que ao remate recibirán os seus correspondentes certificados de profesionalidade, con validez en toda España.

Como novidade este ano, os alumnos e alumnas poderán por primeira vez escoller o centro e a acción formativa que se impartirá en empresas, entidades sen ánimo de lucro e concellos que son os adxudicatarios das axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria. O alumnado poderá solicitar o centro e a materia na que se desexa formar a través do portal de Emprego.
Ademais, os centros de formación terán a posibilidade de seleccionar directamente ao alumnado. Ata o de agora a elección só correspondía ao Servizo Público de Emprego de Galicia.

En total a Xunta inviste 1,4 millóns de euros na comarca.

Inserción media do 60%

Segundo o delegado da Xunta, “este tipo de accións formativas alcanzan de media unha inserción laboral próxima ao 60% (como nos Obradoiros de Emprego). O que se busca é adaptar a formación ás necesidades das empresas en cada comarca”. Na selección do alumnado terán preferencia as mulleres, parados de longa duración, menores de 30 anos, emigrantes retornados, persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social, alumnos con baixa cualificación ou persoas que teñan superados un ou varios módulos dun certificado de profesionalidade ou que obtivesen certificados parciais.

Novas relacionadsa

https://quepasanacosta.gal/o-grado-de-integracion-laboral-nos-primeiros-meses-tralos-obradoiros-de-emprego-ronda-o-60/ https://quepasanacosta.gal/santa-comba-participara-en-3-obradoiros-de-emprego-e-carballo-noutro/

Comentarios