Os 5 deputad@s da Costa da Morte tomaron posesión
11:59 20/07/23
No pleno de organización da Deputación da Coruña do pasado luns, os 5 deputados da Costa da Morte tomaron posesión das súas actas como deputados.
Polo partido Xudicial de Carballo (2 dos 31 deputados totais) os nosos deputados son o alcalde da Laracha José Manuel López Varela (PP) e o concelleiro carballés Xosé Regueira Varela (BNG).
Polo Partido Xudicial de Corcubión (temos 1 só representante) temos como representante á rexedora vimiancesa Mónica Rodríguez Ordóñez (PSOE).
E polo Partido Xudicial de Noia (son 2 os representantes desa zona na Deputación) temos ao concelleiro de Mazaricos, José Manuel Caamaño López (PP) ademais da edila da Serra de Outes María Soledad Agra Tuñas (BNG).