Xoves. 03.10.2024
El tiempo

6 razóns do expolio eólico: "Nunca Máis ao Plan Sectorial Eólico de Galicia"

novo planeamento
6 razóns do expolio eólico: "Nunca Máis ao Plan Sectorial Eólico de Galicia"
”Con un berro seco as plataformas veciñais, entidades ambientalistas e sindicatos labregos xuntáronse para entonar un Nunca Máis ao Plan Sectorial Eólico de Galiza”. Así explican dende as entidades que forman o grupo de traballo “Defensa do Territorio a situación actual que o estado de alarma vén de provocar, coa posta en marcha de moitos proxectos eólicos que estaban en situación de parálise dende 2010.

”A trasición enerxética convertiuse nun despropósito. A planificación non existe, convertíndose en un todo vale, con beneficios multimillonarios para as empresas eólicas que cunha normativa obsoleta (1997) e a "amizade" do goberno do PP na Xunta de Galiza, campan polo noso territorio como auténticos Termineitors”, denuncia Carlos Penedo.

”Perxúdicase a veciñanza das aldeas, a saúde da veciñanza das aldeas, con aeroxeradores a 200m das casas. Os propietarios de leiras negocian coa empresa eólica coa ameaza da expropiación. Patrimonio paisaxistico e natural destrozado. Patrimonio cultural, non respectan as áreas de protección do elemento arqueolóxico e no mellor dos casos toda a riqueza patrimonial queda inutilizada dentro da poligonal do parque eólico”, denuncia o activista.

Lembran que o “Plan Sectorial Eólico de Galiza non contempla normativas paisaxísticas, nen a lei de Patrimonio Cultural”, e tamén unha serie de cifras:

  • ”Galicia exporta máis do 33 % da electricidade que produce, sen ningún beneficio económico para o territorio. Nos últimos 15 anos, a factura eléctrica subiu nun 77,5%.
  • ”A contribución ao PIB da enerxía eólica en Galicia (581 millóns; 0,9% do total) émoi inferior á contribución ao PIB da agricultura( 4.200 millóns; 7%) e do turismo (6.500 millóns; 11%), sectores cos que compite directamente”.
  • ”A enexía eólica non fixa poboación no rural crea moi poucos postos de traballo (7.000 empregos,0,7% do total) fronte a outros sectores cos que compite directamente, como o agroalimentário (103.500; 9,3%) e o turismo (115.600 empregos; 12%)
  • ”Os 118 millóns anuais en impostos e tributos que achega a enerxía eólica apenas repercute nas poboacions rurais afectadas e tampouco se destinan a obxetivos ambientais nin a mellora das infraestruturas, pois o rural segue sufrindo cortes continuos de enerxía”.
  • ”As rendas que deixa a enerxía eólica no rural galego son ridícula. En Dinamarca o 85% da capacidade instalada de enexía eólica pertenece a particulares ou cooperativas eólicas nas que participan as comunidades locais afectadas.
  • "O actual modelo destrúe paisaxe,ecosistemas e patrimonio culural e, por tanto, tamé recursos económicos".

Ante esta situación veñen de elaborar un Manifesto “Aldeas con Horizontes, no que reflicten un novo modelo de produción de enerxía renovable. Así mesmo máis de 600 persoas teñen asinado o Manifesto en Change.org de “Aldeas con horizonte”.

Novas sobre os eólicos

Comentarios