PSdG e BNG arrincan a campaña costeira do 26X
Arrincou a campaña, outra vez, para as Eleccións Xerais de 2016. Unhas eleccións repetidas que, na Costa da Morte deixaron o pasado decembro un panorama bastante bipolarizado, destacando a irrupción da marea e a caída en picado do BNG.
Así afrontan os 4 partidos estas novas eleccións do 26 de xuño. Se ben a coalición de esquerdas ten pouca presencia na nosa bisbarra, si que farán campaña PP, PSOE e BNG. PSOE e BNG xa arrincaron as súas citas costeiras-
O PSOE fala sobre Patrimonio
Ricardo García Mira en DombateAbriu a campaña costeira, o candidato número 2 do PSOE ao Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña, Ricardo García Mira. E fíxoo denunciando o abandono no que ten sumido o goberno do Partido Popular as manifestacións culturais e o patrimonio da Costa da Morte. García Mira, que o sábado acompañou ao profesor Kennon Sheldon da Universidade de Missouri (EEUU), un dos psicólogos máis acreditados do mundo, e mais á súa dona Melanie Sheldon, nun percorrido pola comarca, confésase avergoñado “polo estado de abandono en que o Goberno do Partido Popular ten o Castro de Borneiro”.
Na súa viaxe cos visitantes estadounidense para mostrarlles a riqueza cultural, paisaxística, patrimonial e gastronómica da zona, puido comprobar que a precariedade na conservación do patrimonio esténdese tamén “aos vestixios megalíticos de relevancia arqueolóxica” da comarca.
“Non pode comprenderse por ningún visitante, nin por ninguén con sentido común, tanto desprezo no PP pola cultura e o patrimonio como o que existe en Galicia”, conclúe o candidato socialista.
O BNG, na Feira de Carballo
O BNG arrincou a campaña para o 26X na Feira de CarballoPola súa banda, o comezo de campaña do BNG costeiro foi en Carballo, concretamente na Feira. Paco Souto, Evencio Ferrero, Lucía Veciño, Ana Pontón e Carlos Callón entregaron folletos da súa campaña para ter voz propia no parlamento español. #Coasnosasmans reza a campaña do BNG Nós Candidatura Galega, que aspira a mellorar os malísimos resultados do 20D, trala marcha de efectivos como Manuel Antelo.
En clave local, o BNG carballés presentou a súa idea para a rúa Martín Herrera, cuia obra, que comezará despois do San Xoán incluirá un muro-pantalla vexetal na parede da Dulcería Vella . A actuación abarcará dende o cruce das rúas Coruña/Igrexa ata o estreitamento da rúa do Sol.
Con esta actuación arranca a recuperación do centro histórico de Carballo, que seguirá mantendo a fonte da Praza de Galicia como un dos seus elementos singulares e emblemáticos xunto co Museo de Bergantiños.
Vindeiras citas
O propio BNG-NÓS celebra este luns 13 de xuño o seu mitin central da campaña ás 21:00h no Xardín municipal de Carballo, coa presencia de Evencio Ferreiro, e d@s candidat@s Lucia Veciño e Paco Souto, e Ana Pontón, xunto co cabeza de lista pola Coruña, Carlos Callón..En caso de choiva o acto trasládase ao auditorio do Forum.
Novas relacionadas
- Manuel Antelo: “Deixamos o BNG porque non podemos ser os pepiños grilo toda a vida”.
- O PSOE da Costa Atlántica manifesta a súa preocupación pola deriva do partido.
- Eleccións Xerais 2015: 7 puntos claves das eleccións xerais do #20D.
- Eleccións Xerais 2015: Eleccións #20D: O Bipartidismo mantense vivo na Costa da Morte coa irrupción de En Marea
- Eleccións Xerais 2011: O PP arrasa na Costa da Morte igual que en toda España.
Máis novas electorais
- Eleccións Municipais #24M Maio 15: A caída do PP e unha alcaldesa, os principais cambios das eleccións municipais.
- Eleccións Municipais #24M Maio 15: Resultados das Eleccións Municipais 2015 na Costa da Morte.
- Eleccións Autonómicas 2012: O PP arrasa na Costa da Morte nunhas Eleccións Autonómicas marcadas polo descontento.
- Eleccións Municipais 2011: Os resultados das Eleccións Municipais 2011.
O Mirante: A previa das Eleccións Xerais 2015
- Decembro 2015: O Mirante: As coalicións protagonizan a recta final do 20D.
- Novembro 2015: O Mirante: Ciudadanos sitúase como a terceira forza política.
- Outubro 2015: O Mirante: PP e PSOE volven caer de cara ás Xerais de decembro
- Setembro 2015: O bipartidismo recupérase segundo o estudo demoscópico O Mirante do mes de setembro.
- Xullo 2015: #OMirante: PP e PSOE recuperan forza mentre Ciudadanos para o seu ascenso
- Xuño 2015: O PSOE achégase ao PP mentras Podemos segue collendo impulso
- Maio 2015: #OMirante: O Partido Popular continúa coa súa caída:
- Abril 2015: #OMirante: Ciudadanos medra a costa do PP.
- Marzo 2015: #OMirante: O PP retoma o mando en intención de voto ante o novo baixón de Podemos.
- Febreiro 2015: : O Mirante: Podemos frea o seu medre pero segue sendo a forza máis votada.
- Xaneiro 2015: Estudio de Carlos Neira para AMEGA: O Mirante: Podemos gañaría as eleccións a día de hoxe.
- Decembro 2014: Estudio de Carlos Neira para AMEGA: Podemos, camiño da Moncloa.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).