Venres. 26.04.2024
El tiempo

7 talleres formativos en liña formulados para as ANPAS

formacion en lina anpas galegas
7 talleres formativos en liña formulados para as ANPAS

Que as familias sexan as responsables do servizo de comedor ou das extraescolares e moitos centros de ensino do país é unha verdadeira deixadez de funcións da Xunta de Galicia. Unhas reponsabilidades que as familias temos que asumir no noso tempo libre, tendo en conta ademais as dificultades intrínsecas de asuntos administrativos, de tesourería…

Por iso a confederación de ANPAS Galegas, na que está inserida a Federación Provincial de ANPAS da Coruña – Costa da Morte, organiza unha serie de talleres formativos para as persoas que estean ao mando as ANPAS.

As sesións coñecer o funcionamento interno das ANPAS arrincan este martes 8 de novembro, e continuarán cada martes ata finais de decembro.

Consellos escolares, libros de socias, libros de actas, tesouraría e fiscalidade, protección de datos, seguros obrigatorios e necesarios, e normativa de convivencia son as temáticas centrais das sesións deste ciclo formativo. En cada sesión contémplase unha ponencia sobre o tema do día ademais dun tempo para a participación, coa intención de ampliar coñecementos entre todas.

Comentarios