Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A AFIPRODEL cómese o país

A AFIPRODEL cómese o país

Poucas son as entidades radicadas na Costa da Morte que teñan a súa rede tecida ao longo de todo o país. Pero é que o bo traballar dalgunha das nosas entidades as obriga a expandirse pola xeografía galega.

Así lle está a ocorrer precisamente estes días á Asociación de Axentes de Desenvolvemento Local da Costa da Morte (Afiprodel), que ante as constantes demandas de compañeiros e compañeiras de toda Galicia para que a asociación ampliase o seu ámbito ao territorio da comunidade, a Asemblea Extraordinaria que tivo lugar na tarde de onte en Vimianzo, aprobou a modificación dos Estatutos.

Así, dende onte 30 de novembro de 2011, Afiprodel pasa a ser unha asociación de profesionais de desenvolvemento local de ámbito Galego onde pode asociarse calquera profesional do desenvolvemento local con experiencia tanto no ámbito público como privado.

Esta ampliación de ámbito e condicións para ser asociado ten efectos dende o 30 de novembro e será refrendado co asento rexistral correspondente na Xunta de Galicia.

Destiño España

E ollo coas entidades españolas, que ai chega a Afiprodel. I é que na sesión tamén se aprobou nesta asemblea a inscrición de Afiprodel dentro da Federación Española de Profesionales de desarrollo local (FEPRODEL) e a nova composición da Xunta Directiva que estará formada por presidente/a, vicepresidente/a, secretario/a, vicesecretario/a, tesoureiro/a e un vogal.

Na asemblea xeral de decembro renovaranse parcialmente varios cargos (segundo o regulado nos estatutos), e dentro de dous anos votaranse o resto. Esta forma de renovación obedece ao interese de garantizar a continuidade dos proxectos e das persoas que os lideran na directiva.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios