A Autovía da Costa da Morte non estará rematada no 2013
O Conselleiro Agustín Hernández vén de recoñecer que a Autovía da Costa da non cumprirá os prazos prometidos, e non estará lista no 2013. Algo sorprendente ver que un político recoñeza en campaña electoral un retraso nos prazos, pero a realidade é que o financiamento da empresa adxudicataria segue a ser o problema dos retrasos.
Recoñece pois finalmente que as obras están efectivamente paralizadas e desdí o que aseguraba o pasado mes de abril cando ratifacaba o prazo.
O proxecto do treito Carballo-Berdoias está no 17.5% de execución.
O BNG denuncia as "mentiras" do goberno
Se ben mañá venres hai convocada unha Xuntanza de alcaldes da Costa da Morte para analizar a parálise das obras da Autovía, hoxe o BNG fai patente o seu descontento. Descontento ante as "mentiras do Conselleiro Hernández", que denunciaba que era o BNG quen mentía cando denunciaba a paralización das obras, logo ratificaba os seus prazos e finalmente recoñecía que hai un problema de financiamento que posiblemente non permitirá que a obra se remate no 2013, como estaba estipulado.
Quere o BNG denunciar as "mentiras" do goberno, e lamenta que o argumento en contra sexa o de "non sacar rédito político".
Novas relacionadas
- 19-09-12: Os alcaldes da Costa únense ante a paralización das obras da Autovía.
- 06-06-12: As máquinas volven á Autovía e a Xunta asegura que se cumplirán os seus prazos.
- 24-04-12: O Conselleiro ratifica unha Autovía rematada no 2013 e sen peaxe.
- 13-04-12: Os camións da Autovía paran.
- 03-04-12: Paralizadas as obras da Autovía?.
- 28-11-11: De Cee a Fisterra en 3 minutos pola VAC.
Máis novas
- Un poboado calcolítico afogado polo asfalto.
- Sorprendidos dous muxiáns roubando gasoil nas obras da Autovía.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- La Voz.
- Nota de prensa de Xoán Manuel Sande, do BNG de Bergantiños.