A Autovía que separa


Esta semana chegaron varias novidades sobre a Autovía. O Conselleiro Agustín Hernández recoñecía, en plena campaña, que os prazos das obras non se ían cumplir, e que efectivamente as obras estaban paralizadas. Paralelamente o alcalde de Vimianzo convocaba unha xuntanza de alcaldes para intentar tomar decisións ante esta situación.
Pero a xuntanza queda anulada trala contundente resposta da Xunta ante a súa convocatoria, unha vez que o Conselleiro entende que se convocou por intereses partidistas. Unha vision apoiada polos candidatos populares de Bergantiños e Costa da Morte, Aurelio Núñez Centeo e Marisol Piñeiro, que destacan que "a autovía a día de hoxe é unha realidade palpable, que está á vista de todos". É máis dura Piñeiro que afirma que "o único que fan é intentar perxudicar unha obra importantísima para a comarca".
O alcalde vimiancés asegura que non tiña intencións partidistas e que de feito chamar a alcaldes de todas as cores, pero que para evitar confusións deixa en mans da Plataforma pola Defensa da Costa da Morte a loita pola infraestrutura.
Finalamente os candidatos do PP "confían en que a Xunta atopará o xeito de colaborar coa concesionaria para achar o financiamento coa que concluír esta actuación".
Novas relacionadas
- 20-09-12: A Autovía da Costa da Morte non estará rematada no 2013.
- 19-09-12: Os alcaldes da Costa únense ante a paralización das obras da Autovía.
- 06-06-12: As máquinas volven á Autovía e a Xunta asegura que se cumplirán os seus prazos.
- 24-04-12: O Conselleiro ratifica unha Autovía rematada no 2013 e sen peaxe.
- 13-04-12: Os camións da Autovía paran.
- 03-04-12: Paralizadas as obras da Autovía?.
- 28-11-11: De Cee a Fisterra en 3 minutos pola VAC.
Máis novas
- Un poboado calcolítico afogado polo asfalto.
- Sorprendidos dous muxiáns roubando gasoil nas obras da Autovía.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Nota de prensa do PP.