Martes. 23.04.2024
El tiempo

A CMAT aproveita as lendas e o deporte para loitar contra a estacionalidade turística da Costa da Morte

A CMAT aproveita as lendas e o deporte para loitar contra a estacionalidade turística da Costa da Morte
Esta fin de semana celebrouse no Ézaro o Campionato de España de Salvamento e Socorrismo -Foto- Rafa Quintáns Esta fin de semana celebrouse no Ézaro o Campionato de España de Salvamento e Socorrismo -Foto- Rafa Quintáns

As lendas e o deporte son os protagonistas dos novos proxectos pilotos que vai poñer en marcha a CMAT, para a diversificación da oferta turística na Costa da Morte. Durante o segundo semestre do ano, levarán a cabo dous proxectos que combinan investigación con creación e comercialización de experiencias turísticas.

Os proxectos saen despois do proceso de análise e creación do Plan de Acción para o Turismo de Costa da Morte, creado conxuntamente entre a xerencia do ente e os empresarios e técnicos que formaron parte das mesas de traballo. E saen con dous onxectivos claros: combater contra a estacionalidade da demanda, e conseguir así un maior equilibrio territorial, tanto en oferta turística como en distribución dos fluxos turísticos. E buscar a especialización do destino nos seus valores máis auténticos e diferenciadores.

Lendas

Un dos proxectos, enmarcados no Convenio da CMAT coa Axencia de Turismo de Galicia, estará baseado no estudo e posta en valor das lendas de Costa da Morte. Van ser creadas distintas experiencias que percorrerán todo o territorio a través dun relato común, atractivo e con alta capacidade de comercialización. Promocionarase a través da web da CMAT e as súas redes sociais, e crearase un mapa cos itinerarios temáticos. Na súa última fase, traballarase na comercialización a través de intermediarios especializados. Todo iso en colaboración continua co sector turístico local, tanto público como privado.

Os Encantos seguro que son protagonistas.

Deporte

Esta fin de semana comprobamos co Campionato Nacional de Salvamento e Socorrismo do Ézaro a potencialidade turística e económica dos eventos deportivos.

De aí, que a CMAT se fixe nestas citas para sacarlle a maior rendibilidade e fortalecer a imaxe de Costa da Morte como destino de turismo activo, deportivo e de aventura.

A través da implicación do sector turístico á hora de articular unha oferta turística específica para deportistas e acompañantes, este proxecto, cofinanciado pola Deputación da Coruña, irá enfocado a mellorar a experiencia dos asistentes, incrementar a súa estancia no destino así como fomentar a repetición da visita, ofrecer actividades complementarias, mellorar a súa promoción, etc. Este ano serán seleccionados algúns eventos que se celebren en tempada baixa e traballarase na mellora do seu aproveitamento turístico.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-cmat-e-varias-entidades-da-costa-participan-na-mesa-de-traballo-para-definir-o-plan-de-turismo-enogastronomico-de-galicia/ https://quepasanacosta.gal/empresarios-bergantinos-plan-turismo-cmat/ https://quepasanacosta.gal/unha-bisbarra-con-encantos/ https://quepasanacosta.gal/cando-a-cultura-e-o-deporte-se-convirten-en-motor-economico/

Comentarios