Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte agradecerá aos Voluntarios na Quedada do Encaixe

A Costa da Morte agradecerá aos Voluntarios na Quedada do Encaixe

Xa sabemos que a edición XXII Mostra do Encaixe de Camariñas é adicada ao voluntariado do Prestige e que os voluntarios serán os Faros da primeira Mostra Solidaria. I é que a campaña Galicia en Color segue sumando iniciativas.

Pero a data solidaria máis importante será o xoves santo, 5 de abril, cunha sesión especial para os máis de 5.000 que limparon nas praias de Camariñas e para os centos de milleiros que o fixeron en toda o litoral galego.

Será unha Quedada do Voluntariado en Galicia para todas as ONG, Asociacións e persoas interesadas. Tras unha recepción arredor das 11:00h haberá charlas a partir das 13:15h, con persoeiros que viviron moito aquelas datas, como Luís Rodríguez, da Asoar Armega, e que vemos nun dos vídeos de agradecemento da campaña.

Despois haberá desfile, e ás 14:00h repartirase un picnic, e collerase o autobús para ir facer a ruta polas praias de Camariñas nas que estivo a Marea Branca. A entrada será 4 euros, e inclúe a participación na xornada, o picnic e a ruta guiada polas praias, así como o acceso á Mostra do Encaixe onde ademais haberá unha exposición fotográfica dedicada ao voluntariado, e unha exposición de material inédito de Man.

Xa poden inscribirse para participar nas charlas enviando un correo en [email protected].

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas relacionadas

Fonte

Comentarios