A Costa da Morte perde 600 habitantes ao ano
Ben sabemos que a emigración (un cuarto da poboación da Costa vive fóra) e a invertida pirámide de poboación son os dous grandes cabalos de batalla cos que a Costa da Morte ten que loitar ano tras ano para non ficar baleira. E as cousas non melloran. As cifras de 2011 que vén de facer públicas o Instituto Nacional de Estatística son contundentes.
Perdemos o ano pasado nada menos que 629 persoas nos 15 concellos que cubrimos en QPC, e 800 nas 5 comarcas que atinxen á zona, incluíndo os Concellos de Carballo, Coristanco, A Laracha e Santa Comba.
I é que contabilizamos 428 nacementos na bisbarra, por 1.057 defuncións. Son os concellos de Vimianzo e Malpica os máis afectados, pois sufriron 125 e 104 persoas por as apenas 38 e 19 nacementos, respectivamente.
Os datos xa indican que cada comarca da Costa da Morte perde máis dun centenar de persoas ao ano, o que nos indica que en 10 anos teremos 213 maiores de 65 anos por cada menor de 20. Unha verdadeira sangría poboacional.
En cifras
CONCELLOS | Nacementos | Defuncións | Saldo vexetativo |
Cabana | 27 | 70 | -43 |
Laxe | 29 | 48 | -19 |
Malpica | 19 | 104 | -85 |
Ponteceso | 33 | 86 | -53 |
Cee | 57 | 75 | -18 |
Corcubión | 11 | 22 | -11 |
Dumbría | 17 | 37 | -20 |
Fisterra | 23 | 44 | -21 |
Muxía | 26 | 68 | -42 |
Carnota | 15 | 73 | -58 |
Muros | 56 | 99 | -43 |
Camariñas | 34 | 55 | -21 |
Vimianzo | 38 | 125 | -87 |
Zas | 24 | 78 | -54 |
Mazaricos | 19 | 73 | -54 |
TOTAL CONCELLOS | 458 | 1057 | -629 |
COMARCAS | Nacementos | Defuncións | Saldo vexetativo |
Bergantiños | 512 | 811 | -299 |
Fisterra | 134 | 246 | -112 |
Muros | 71 | 172 | -101 |
Terra de Soneira | 96 | 258 | -162 |
Xallas | 81 | 207 | -126 |
TOTAL COMARCAS | 894 | 1694 | -800 |
Novas relacionadas
- Cada comarca da Costa da Morte perde un centenar de persoas ao ano.
- A Costa da Morte terá en 10 anos 213 maiores de 65 anos por cada menor de 20.
- Un cuarto da poboación da Costa da Morte vive fóra.
Máis novas
- Os maiores: os grandes protagonistas en Fisterra.
- Os maiores de Ponteceso póñense a contar.
- O uso das novas tecnoloxías non ten idade.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Datos do IGE.