Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A Deputación inxecta máis de 40.000 euros nas entidades de cultura tradicional da Costa da Morte

A Deputación inxecta máis de 40.000 euros nas entidades de cultura tradicional da Costa da Morte
gaiteiros-adro-baio Entidades como a asociación cultural Adro de Baio (na imaxe) recibiron axudas para a vestimenta e para o desenvolvemento das actividades A través de dúas liñas de axuda, a área de Cultura da Deputación da Coruña apoia o tecido asociativo da cultura tradicional cun orzamento que ascende, despois da adxudicación das axudas, a 626.069, 04 €, dos que 196.067,08€ se destinan a investimentos solicitados polas entidades e 430.001,96 € diríxense ao desenvolvemento de actividades dos seus programas anuais. Foron varias as entidades culturais da Costa da Morte as destinatarias destas axudas, que entre todas superan os 400.000€. Trátase da segunda convocatoria de dúas liñas de axudas que se iniciaron o pasado ano e teñen, segundo a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, o obxectivo de “apoiar as entidades que están a traballar pola dinamización e a transmisión a nosa cultura tradicional nun movemento que compromete gran cantidade de mozas e mozos que, a través de asociacións locais maiormente, están a contribuír de maneira decidida a manter viva a nosa cultura”. Corais polifónicas, bandas de música populares e entidades de música e baile tradicional galego poden concorrer ao programa de axudas en concorrencia competitiva, a través das liñas de investimentos e actividades. Desta volta, 105 son as entidades que optaron á liña de actividades pola que recibiron un total de 430.001, 96 € e un total de 76 teñen concedido apoio para investimentos por 196,067,08%. As entidades destinan os investimentos da liña de axuda de maneira especial á adquisición de instrumentos e vestiario e tamén, en menor grado, a mobiliario ou outros equipamentos. En canto á liña de actividades, a Deputación apoia a realización de obradoiros e cursos, xornadas temáticas, seráns, recuperación de repertorio tradicional, concertos, xuntanzas de música tradicional, ciclos, intercambios culturais, concursos e festivais. Axudas para investimentos
  • Asociación Cultural O Revoltixo San Martín, de Carantoña Vimianzo -  Investimentos culturais - 1.800€
  • Asociación Recreativa Cultura e Educativa Pedras Miúdas. Material para actividades - 5.000€
  • Asociación Cultural Adro, de Baio. Vestimenta e intrumentos tradicionais, equipo informático e altavoces - 2.625 €
  • Coral Polifónica Neria Costa da Morte. Investimentos culturais - 2.090€
  • Asociación Cultural Xuvenil e Deportiva Abrindo Rejo. Traxes tradicionais e instrumentos - 2.275€
  • Asociación Agrupación Folclórica Ximiela. Bombos, tambores, pandeiros, pandeiras e pandeiretas - 1.320 €
  • Asociación Cultural Inllar. Formación xovenes na cultura tradicional galega, baile e percusión, así como actuacións música e baile tradicional -2.600 €
  • Asociación Músico Cultural Xan Mella, de Baio. Material Escola de Música - 3.166,80 €
Axudas para actividades
  • Asociación Agrupación Folclórica Ximiela. Realización de obradoiros 1.440,00 €
  • Coral Polifónica Neria Costa da Morte. Actividades e concertos 2.700,00 €
  • Asociación Cultural Amigos da Coral Polifónica Municipal Atalaia de Laxe. Actividades culturais - 2.543,64 €
  • Asociación Recreativa Cultural Educativa Pedras Miúdas. Actividades culturais 10.000,00 €
  • Asociación Cultural Adro, de Baio. Escola de baile tradicional, pandeireta, gaita e percusión e actividades varias - 5.200,00€
  • Asociación Coral Parroquial de Camariñas. Profesor de canto - 1.650,00 €
Fonte  

Comentarios