![visions-deputacion]()
Os concellos teñen á súa disposición máis de setenta títulos de cine en galego entre os que están recoñecidos filmes
"Visións" é o novo progrma de cinema que a área de Cultura da Deputación da Coruña ofrece aos concellos dentro da súa Rede Cultural. Títulos comoas premiadas Mimosas ou
A Esmorga - de Nacho Vilar, director de Sicixia -, producións que visitaron festivais internacionais como Arraianos ou Costa da Morte, cine experimental como Vikingland ou documentais como A viaxe dos Chévere, Esquece Monelos ou Frankenstein 04155 forman parte deste catálogo.
As principais producións cinematográficas galegas dos últimos anos forman xa parte do catálogo do programa “Visións”, un dos máis importantes esforzos por difundir en pantallas grandes os títulos do audiovisual galego. Despois de pecharse o prazo de presentación pública de propostas,
un total de dezasete produtoras e distribuidoras presentaron máis de setenta títulos que forman parte agora da listaxe á que optarán os concellos da Coruña para a proxección pública en salas de cine ou exterior.
Solicitudes
Agora ábrese o proceso polo que cada concello poderá solicitar
un máximo de 8 proxeccións, das que como mínimo a metade deberán ser de produción propia galega. “O catálogo de producións demostra a vitalidade da creación audiovisual galega e o programa nace precisamente para contribuír a súa difusión. Sentimos e chegounos a demanda do sector para darlle un pulo á distribución e quixemos que a Rede Cultural se ocupase de facer chegar á poboación dos concellos os filmes de nosas autoras e autores”, explica Goretti Sanmartín, vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña que animou os concellos a proxectar nas súas pantallas cinema galego.