Xoves. 02.05.2024
El tiempo

A familia Xiria completou a súa experiencia social europea

A familia Xiria completou a súa experiencia social europea
Proxecto Grundvig en Italia coa familia Xiria

2 anos duran os proxectos europeos. E dan para moito, para numerosas experiencias que enriquecen aquí e aló, e así nolo conta Cristina Muñiz, colaboradora de Escolas Balonmán Xiria, que nos explica as conclusións das estancias no estranxeiro nas que participou a familia carballesa co Proxecto Europeo Grundtvig: "Práctica deportiva e inclusión social".

I é que o mero feito de compartir tempo con xentes de todo o mundo conleva unha aprendizaxe inerente. Coa familia Xiria particoparon no proxecto institucións como France Amérique Latine de Paris (Francia); Centrum vol'ného de Kosice (Eslovaquia); Associazione Cultural Enzimistudio de Turín (Italia); e Filoxenia, Kentro Diapolitismikon Programmaton kai Antallagon de Corinto (Grecia).

Nas Escolas Balonmán Xiria, grazas a esta experiencia, espertáronse diferentes ideas que se esperan materializar en novas accións do clube en pro da sociedade carballesa.

5 viaxes, 5 experiencias

O proxecto tenta aproximar cinco experiencias europeas co cometido de poder poñer en común boas prácticas que funcionan de xeito individual relacionadas coa procura do xogo limpo, a igualdade de oportunidades e de xénero e a interacción entre diferentes xeracións, insistindo sempre na importancia da participación e en evitar o risco para a saúde.

Se xa estivemos en Eslovaquia, en Grecia, analizando o deporte nas escolas como alternativa de ocio, ademais das necesidades e a integración da muller a través da práctica deportiva. O proxecto pasou por Carballo, onde os locais amosaron experiencias de integración social coas Escolas de Verán, ademais de presentar asociacións como ASPABER, VIEIRO ou PROXECTANDO que tamén traballan no ámbito da integración e desenvolvemento comunitario.
Tocaba viaxar a Francia para repasar os proxectos de integración das barriadas parisinas., e finalmente, o broche final tivo lugar esta pasada semana en Italia, en Turín e Alba.

A reflexión que propiciaron as visitas italianas derivou nun faladoiro acerca da política deportiva. Ademais, coñeceron o proxecto do profesor Massagli de deporte para presos; e tamén presentaron a iniciativa “Turín 2015 Capital Europea do Deporte”.

Neste ocasión viaxaron a Italia catro representantes do Xiria, expertas tanto en deporte como en materia de integración social. Olalla García e Catalina Gili Licenciados en Ciencias da Actividade Física e do deporte, Patricia García Licenciada en Filoloxía Inglesa e Cristina Muñiz Educadora Social. Entre elas, dúas xogadoras do Equipo Feminino de Balonmán Xiria.

A posta en común do traballo de todas estas institucións, e do traballo a nivel de integración e deporte que se fai nas diferentes cidades, enriqueceu amplamente a todos os participantes. Aínda queda a avaliación final, na que se reunirán os responsables das distintas delegacións e tomarán decisións acerca do futuro.

Proxecto Grundvig en Italia coa familia Xiria

Novas relacionadas

Fonte

  • Información das Escolas de Balonmán Xiria da man de Cristina Muñiz.

Comentarios