mércores. 06.08.2025
El tiempo

A formación laboral do Forum Carballo continúa por verán

A formación laboral do Forum Carballo continúa por verán
Curso da Rede Xiana en Carballo

Continúa, mesmo en verán, a oferta formativa do Forum Carballo, e a nova proposta que está en marcha é o Curso de Montaxe e Maquinaria Industrial organizado a través da Rede Xiana. 18 alumnos, desempregados dos concellos da Laracha, Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco, Malpica de Bergantiños, Ponteceso e Santa Comba (11 carballeses), xa están participando nas sesións téoricas, que se desenvolven dende este luns 13 de xullo ata finais de agosto.

A partir de setembro tocará fomentar a experiencia laboral en empresas da zona.

As persoas participantes formarán parte dun itinerario formativo e de inserción laboral previstos no proxecto a través dos cales poderán recibir a formación adecuada para ás súas necesidades formativas e unha orientación e titorización individualizada de xeito permanente. O obxectivo final é mellorar a profesionalización das persoas desempregadas e a súa inserción no mercado de traballo en termos de calidade e responsabilidade social.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios