Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Garda Civil detén a 3 homes por 7 roubos de cable de cobre en Coristanco

A Garda Civil detén a 3 homes por 7 roubos de cable de cobre en Coristanco

Un clásico esto dos roubos de cable de cobre na bisbarra. Os parques empresarias baleiros xa teñen sufrido roubos destas características pero non se libra infraestrutura que non estea ben vixiada. Pois esta semana a Garda Civil vén de esclarecer sete delitos de subtracción de cable de cobre do tendido telefónico, todos no Concello de Coristanco.

Os Axendetes detiveron a tres homes. Ademais, a Garda Civil tamén imputou penalmente á primeira hora da tarde á representante legal dunha chatarrería da provincia pola suposta comisión dun delito de receptación.

Así, e segundo despréndese das dilixencias instruídas polos axentes da área de investigación da Garda Civil carballesa, os detidos son os supostos autores de sete delitos de subtracción de cable do tendido telefónico, cometidos todos eles no termo municipal de Coristanco no último mes e medio, e que no seu conxunto sumaron un botín valorado segundo as respectivas denuncias en máis de 18000 euros, á marxe dos consecuentes gastos de reparación das liñas.

Ademais de lograr a detención dos supostos autores materiais dos roubos e furtos, a Garda Civil tamén localizou e recuperado nunha chatarrería da provincia parte do cable de cobre roubado xa queimado, que unha vez examinado por persoal da empresa afectada recoñecérono como seu, o que motivou a imputación penal da representante legal do negocio.

Os homes detidos, todos eles veciños da comarca e con idades comprendidas entre os 20 e os 38 anos, así como a imputada, atópanse en liberdade con cargos e en todo caso a disposición da autoridade xudicial.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Garda Civil.

Comentarios