Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Garda Civil detén a dous mozos por un delito continuado de incendios forestais

A Garda Civil detén a dous mozos por un delito continuado de incendios forestais
incendio-coristanco Incendio que acontecía en Coristanco este mes de xullo Hai 15 días  a Garda Civil detía un home en Sardiñeiro por supostos delitos de lume. Desta volta, a Patrúlla de Seprona de Arteixo, tras intensas investigacións, moita información acumulada en anteriores campañas e tras arduas xestións con veciños do lugar, así como con integrantes do servizo de extinción de incendios forestales da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, detiña o pasado sábado a dous homes mozos como supostos autores de 13 incendios forestais: A.R.R. de 21 anos veciño do Carrizal-Coristanco, e de A.B.E. de 20 anos veciño do Sixto-Carballo. Foi tralos incendios do día 07 de agosto de 2.017, cando a Patrulla de Seprona de Arteixo decidiu intensificar aínda máis a investigación nas zonas calcinadas, entrevistándose casa por casa e persoa por persoa, seguindo calquera indicio que puidese aportar algún dato máis para dar coa autoría dos feitos. Cómpre apuntar que se ten constancia mediante a base de datos de incendios da Xunta de Galicia desde o ano 2010, que se veñen producindo multitude de incendios forestais nos lugares de O Carrizal e O Piñeiro - Ferreira, Coristanco, polo que a vixilancia e investigación nesas zonas intensificouse para previr e intentar esclarecer os incendios. Sobre todo, nos anos 2.016 e en 2.017, concéntranse os incendios forestais nos días finais de xullo e primeiros de agosto, onde se observa un “modus operandi” determinado por horarios, puntos de inicio, intencionalidad vandálica e a época en que se producían estes incendios. A Patrulla xa enviou Dilixencias ao Decanato do Xulgado de Carballo e mandou copia do actuado á Fiscalía Especial contra incendios forestais de Santiago.

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Incendios forestais 2017

Fonte

Comentarios