Martes. 23.04.2024
El tiempo

A Garda Civil pide colaboración na identificación de culpables polos lumes

A Garda Civil pide colaboración na identificación de culpables polos lumes
Garda Civil pide colaboracion nos incendios

Temos escoitado a Feijoo estes días calificar de “terrorismo ambiental“ o acontecido coa vaga de lumes que arrasou o país. Témolo escoitado responsabilidade aos propietarios por non manter limpos os seus montes, a pesar de ser o último responsable de se cumpra a lei. Temos escoitado mesmo á Conselleira de Medio Ambiente culpar á sociedade galega de non estar o suficientemente concienciada para sinalar aos culpables…

En todo caso, todos debemos botar unha man para que haia máis identificacións de culpables. Por iso a Garda Civil solicita colaboración cidadá para esclarecer a autoría dos incendios acontecidos nos últimos días. Desta volta non nos tocou preto, pero que nos valga para outras veces.

Calquera dato que poida aportar a cidadanía podería converterse en parte vital da investigación, polo que se anima aos cidadáns a poñerse en contacto a través do teléfono 062, o correo electrónico [email protected] ou nas contas oficiais de Facebook ou Twitter da Garda Civil.

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios