A Garda Civil pide colaboración na identificación de culpables polos lumes
Temos escoitado a Feijoo estes días calificar de “terrorismo ambiental“ o acontecido coa vaga de lumes que arrasou o país. Témolo escoitado responsabilidade aos propietarios por non manter limpos os seus montes, a pesar de ser o último responsable de se cumpra a lei. Temos escoitado mesmo á Conselleira de Medio Ambiente culpar á sociedade galega de non estar o suficientemente concienciada para sinalar aos culpables…
En todo caso, todos debemos botar unha man para que haia máis identificacións de culpables. Por iso a Garda Civil solicita colaboración cidadá para esclarecer a autoría dos incendios acontecidos nos últimos días. Desta volta non nos tocou preto, pero que nos valga para outras veces.
Calquera dato que poida aportar a cidadanía podería converterse en parte vital da investigación, polo que se anima aos cidadáns a poñerse en contacto a través do teléfono 062, o correo electrónico [email protected] ou nas contas oficiais de Facebook ou Twitter da Garda Civil.
Novas relacionadas
- Onde está a orixe da vaga de incendios?.
- Outubro 17: Detido un reincidente por causar un incendio cos seus fogos artificiais tralas Festas dos Remedios de Corme.
- Setembro 2017: Detido un veciño de Coristanco como presunto autor de dous incendios forestais.
- Agosto 2017: Investigan o dono dunha pirotecnia por un incendio forestal
- Agosto 2017: A Garda Civil detén a dous mozos por un delito continuado de incendios forestais.
- Agosto 2017: Deteñen un home de Sardiñeiro que levaba provocando incendios desde agosto de 2016.
Artigos relacionados
- Desprofesionalizando o Servizo contra incendios dende o primeiro eslabón da extinción.
- A Deputación da Coruña implantará a Xestión Directa dos Parques de Bombeiros.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).