A linguaxe aguda da Costa da Morte


Unha das máis bellas características da Costa da Morte é a súa linguaxe. Dá auténtico gusto, e niso coinciden todos os galegos visitantes na nosa zona, escoitar unha boa vella costeira. Esa gheada, ese seseo marabilloso que convirten a lingua galega nun espectro vivo de sons e viraxes.
E precisamente sobre o espectro de sons vimos de falar co audiólogo Lucas Fernández. I é que a peculiaridade principal na Costa da Morte con respecto aos problemas auditivos ten que ver ca linguaxe. O seseo, o culpable, que fai que a liguaxe da Costa da Morte é máis aguda foneticamente falando que noutros lugares.
O caso é que a meirande parte das perdas auditivas dentro do nosos espectro frecuencial, é dicir daquela paleta de sons que pode escoitar o oído humano, ten lugar entre os 500 e os 2000 herzios. De aí para arriba, as frecuencias altas son as que nos axudan a diferenciar sons que se parecen moito, como o /p/ e o /t/.
Así, todas as liguaxes que tenden cara o agudo, a esas frecuencias altas, van darle máis fluidez á linguaxe, e aí o seseo típico da Costa provoca unha fluidez e un serio aumento da agudeza da fala, feitos que provoca que os meirandes problemas auditivos chegan a partir desas frecuencias.
Os que sofren estes problemas teñen nesas frecuencias zonas xordas que provoca un crucigrama na cabeza. O noso cerebro vai reenchendo as zonas xordas, pero cando hai demasiados ocos, ou son ocos en palabras importantes como o verbo ou o suxeito, o noso cerebro non é capaz de descubrir o sentido da oración e da conversa, convertíndose mesmo nun problema social.
E sempre recorden, que non é o mesmo oír que escoitar, pois para escoitar cómpre entender.
Novas relacionadas
- Lucas Fernández: “A xente dinos que lle cambiamos a vida”.
- Un repaso poboacional aos Concellos da Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).