Luns. 06.05.2024
El tiempo

O GDR recupera a pataca de Bergantiños

O GDR recupera a pataca de Bergantiños

Continúa o GDR Bergantiños apostando pola semente tradicional. Así nace o proxecto de cooperación “Nuevos Horizontes”, no que participa o Grupo de Desenvolvemento Rural Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños. Ao acto de sinatura acudiron os representantes da entidade, o Presidente (Evencio Ferrero) e o Xerente (Alberto Martínez) que asinaron un convenio coas accións a desenvolver por cada socio e polo que se fixan os obxectivos esperados polo proxecto entre os que se destacan:

  • A identificación e avaliación conxunta das producións tradicionais e novos cultivos con potencial en cada territorio, en función das súas propiedades nutricionais, terapéuticas, cosméticas ou téxtiles;
  • A identificación de terras ociosas susceptibles de pórse en produción;
  • A identificación en cada territorio de mulleres, mozos, desempregados, colectivos en risco de exclusión e persoas interesadas en incorporarse a actividade agraria.

Conservando a fitoxenética bergantiñá

Os resultados esperados do proxecto, segundo se establecen no propio Convenio, son principalmente de carácter socioeconómico, esperando contribuír á conservación, mellora e posta en valor de material fitoxenético autóctono e dos recursos vexetais dos territorios, mantendo as explotacións agropecuarias; animando á diversificación produtiva; trasladando experiencias a outros territorios; informando á poboación sobre as oportunidades de emprego no en iniciativas de diversificación do sector primario; animando e mellorando a información sobre prácticas agrícolas respectuosas co medio, etc…

Ao finalizar o acto fíxose entrega aos representantes do GDR Bergantiños, de material fitoxenético de Pataca Fina de Carballo conseguido por parte dos técnicos do proxecto a través do Servizo de Sanidade e Produción Vexetal da Xunta de Galicia. En total se recibiron 25 quilos deste produto para que o Grupo o entregue a un posible produtor ou entidade representativa do sector, co obxecto da súa reprodución nesta anualidade (pataca de sementa) segundo recomendacións do propio Servizo de Sanidade e Produción Vexetal, para poder distribuír en vindeiras anualidades o material reproducido entre o maior número posible de produtores da comarca, xa con fins produtivos.

Novos proxectos aprobados no GDR Costa da Morte

A Xunta Directiva da asociación Costa da Morte – GDR, vén de aprobar tres novos Modernización:

  • 1.- Modernización Empresarial (Equipos Productivos)(Crisco-Berdoias-Vimianzo). O orzamento ascende a 36.565 €, e o importe da axuda sitúase nos 14.004,40 €, o que supón un 38,3% sobre o total.
  • 2.- Ampliación de Carpintería de Madeira (Caxadas - Vimianzo). O orzamento ascende a 56.837 €, e o importe da axuda sitúase nos 22.251,69 €, o que supón un 39,15% sobre o total.
  • 3.- Creación dun Centro Social (Vilar de Duio – Fisterra). O orzamento ascende a 33.906,62 €, e o importe da axuda sitúase nos 19.955,39 €, o que supón un 58,75% sobre o total.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios