A rectoral de Silván: preto de 250.000 euros comidos polas silvas
O grupo de TeGa Coristanco envía hoxe unha nova denuncia sobre o “despilfarro e a nefasta, e tamén bastante sospeitosa, xestión do alcalde de Coristanco”. Considera Amancio Lavandeira que o caso da rectoral de Silván é outra evidencia destes feitos, que explica así:
No ano 2005 comenzaron as obras de restauración da rectoral, encargándoselle a obra á empresa de Daniel Ogando, involucrado na Operación Orquesta. Concretamente, este constructor está imputado de presunto suborno e tráfico de influencias por amañar, ao parecer, adxudicacións de obras públicas coa complicidade de políticos e funcionarios municipais aos que obsequiaban con subornos.
O proxecto, cunha inversión de 196.415,55 € (177.000€ do AGADER e 19.000€ do Concello de Coristanco) tiña unha duración prevista de 6 meses.
A esa inversión inicial, hai que sumarlle outras dos fondos do plan E do 2010 de 16.572 €, así como outras numerosas facturas do propio concello con grandes importes, explican.
A obra, comenzada a principios de 2005, non se inaugurou ata o 2011, “curiosamente xusto antes das eleccións municipais”, valora. Resumindo: “o que iban a ser 6 meses acabou converténdose en 6 anos!.”
Pero é que ademais dese retraso, “actualmente, esa importante inversión están a comela as silvas”. Xa que as instalacións restauradas co obxectivo de utilizalas para “servicios parroquiais, actos culturais e xuvenís, e para servicio dunha asociación veciñal nunca chegaron a utilizarse e atópanse nun estado de absoluto abandono”.
Pregúntase o grupo da oposición “se realmente se fixo a obra para servicio dos veciños ou simplemente para beneficiar a unha empresa de construcción”, despois de 3 anos de abandono.
Novas relacionadas
- A APLU abre expediente por unhas naves en Coristanco tras un posible trato de favor da alcaldía.
- 22-09-14: TeGa persóase no Xulgado con máis argumentos contra os imputados de Coristanco.
Fonte
- TeGa.