A Reserva dos Miñarzos, aínda un exemplo mundial de pesca sustentable


Sempre son positivas estas visitas pola zona, pero dan conta dun dos nosos meirandes problemas. Algo tremendamente valorado dende todo o mundo, pero que nós defenestramos. Algo así está acontecendo coa Reserva Mariña dos Miñarzos en Lira. Despois de ducias de recoñecementos internacionais, de premios, de loubanzas polo traballo en favor da pesca sustenable, ese pioneiro proxecto perece por desatención.
Co pósito liracho endebedado, a lonxa baixando o nivel de vendas, o furtivismo ás súas anchas tras máis dun ano sen vixilancia, apenas sobrevivindo a base de autoxestión, queda nunha mera Reserva de papel. Unha aposta que só pode salvar o Ministerio, que ten enriba da mesa un ambicioso proxecto de macro-reserva, do que, esperamos falar nun futuro próximo.
Mentres, seguen chegando as visitas internacionais. A última da man da ONG Enxeñeiros sen Fronteiras. No marco dun amplo programa de pesca sustentable (“que fica no papel pero segue nas persoas”), tres pescadoras mesoamericanas visitaron a zona de Lira a finais de 2014, da man do O canto da balea.
As Aleyda (Nicaragua), Fátima (Honduras) e Alejandra (El Salvador) embarcaron para coñecer de primeira man como traballa a pesca artesanal costeira. En porto compartiron traballo coas redeiras, ew despois visitaron as instalacións do Canto da Balea, un exemplo de proxecto de concienciación medioambiental no eido marítimo.
Campaña de promoción da Pesca Sustentable de Enxeñeiros sen Fronteiras Galicia e Amigos da Terra co langostino Rodolfo
Novas relacionadas
- 10-02-14: “A situación da Reserva Mariña dos Miñarzos sen vixilancia é criminal”.
- 04-01-13: A Reserva Mariña dos Miñarzos abre as súas cancelas.
- 30-12-13: A confraría de Lira pide video-vixilancia ante a ondanada de roubos en Portocubelo.
- 11-03-13: A Reserva Mariña de Lira sobrevive a base de autoxestión:
- 20-02-13: A Reserva Mariña de Lira volve ao Parlamento.
- 13-08-12: A Confraría de Lira amosa o seu asombro ante as recriminacións da Xunta.
- 09-08-12: Da vixilancia nos Miñarzos: A Reserva de papel.
Máis novas sobre Lira
- Un premio cooperativo polo Canto da Balea de Lira:
- Lira amosou a cara máis amable da Costa da Morte aos socios do proxecto Europeo 2Fish:
- A Reserva Mariña de Lira volve ao Parlamento.
- A Confraría de Lira amosa o seu asombro ante as recriminacións da Xunta.
- A Fundación Príncipe Carlos recoñece o traballo cara unha pesqueira sustantable da Confraría de Lira.
- A Reserva Mariña expande as súas redes en conferencias e en Festivais de Cine.
- Unha reserva de vida na Costa da Morte.
- Un estudio de futuro sobre a Área Protexida dos Miñarzos .
- Os Miñarzos, o mellor exemplo de pesca sostible para WWF-Adena.
- O futuro da pesca: Un exemplo dende Lira.
- Lira, protagonista do Escaravajo verde da TVE.
Fonte
- ESF Galicia.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).