Venres. 18.06.2021
El tiempo

A Trufa atopada

A Trufa atopada

Xa hai que a atopou por aí, pero non imos desvelar o segredo. Aló por abril do 2010 os membros do Ensamble Studio, estudio de arquitectura madrileño, achegáranse pola Costa da Morte para crear un un espazo para vivir completamente integrado na natureza: Truffle, ou A Trufa.

Eles mesmos o describen como "unha peza da natureza construída con terra, cheo de ar. Un espazo dentro dunha pedra que senta na terra co territorio". Baseado na perfecta camuflaxe e integración no medio natural, o estudio madrileño abriu daquela un xogo para ver se alguén a atopaba.

E xa temos as primeiras imaxes reais, non sacadas polo propio equipo, da Trufa. A zaense Tania Carreira Rial percorreu a costa bergantiñá para descobrilo, e se ben non imos desvelar o seu lugar exacto, si achegamos esta imaxe que nos brindou.

Ademais, quedades co impresionante video en timelapse da súa bioconstrución:

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

comentarios